GMH/ÍNDICE A-Z

340
1336, febreiro, 18. Lugo

Traslado dunha cláusula do testamento de Afonso Rodríguez, clérigo do coro de Lugo.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 7r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 7.

Era de mill et CCC LXX et quatro annos, XVIIIº dias de freveyro en presença de min Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, et das testemoyas subscriptas, estando en Lugo ante don Pedro Iacome, juys de Lugo, Eldonça Rodrigues herel et exsecutor d’Affonso Rodrigues, clerigo do choro de Lugo, que foy, fillo de Ruy Lopes de Burgo Novo, mostrou et feço leer ante o dito juys hun testamento do sobredito Affonso Rodrigues, clerigo, signando (sic) con signal d’Affonso Eanes, notario de Lugo, enno qual testamento se continna entre las outras cousas esta clausula que se segue: «Item mando a os coengos da iglesia de Lugo por aniversario para senpre a minna casa da Triparia en que elles han XVI soldos, depoys que a sacaren de Pedro Çerdeyras que a ten en pinor». O qual testamento leido Fernan Affonso, coengo de Lugo, procurador do cabidoo da iglesia de Lugo, que estava presente, pedio a o dito juys que dese auctoridade a min notario que tornasse a dita clausula en publica forma et a possese no livro do cabidoo. Et o dito juys deu auctoridade a min notario que possese et escrivisse a dita clausula en este livro do cabidoo signada con signal meu.

Testemoyas: don Fernan Aras, dayan de Lugo; Fernan de Deus, chantres desse lugar; Affonso Eanes, raçoeyro; Aras Ferrnandes, alcayde de Lugo; Fernan Peres de Piugos, clerigo, ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, sobredito a esto presente fuy et vi a clausula sobredita enno dito testamento et a rogo et a pidimento de Fernan Affonso, coengo et procurador sobredito, et por auctoridade do dito juys a dita clausula en este livro do cabidoo trasladey et puge y meu signal.