GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

37
1305, xuño, 5. Lugo
O Cabido de Lugo dóalles a Arias Pérez e á súa muller unha casa situada na rúa da Cruz e recibe a cambio a terceira parte doutra no Campo.
 MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 44v.

Era de mill et CCC et XLIII annos et quotum V dias de junyo.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo de Lugo con outorgamento de don Rodrigo por la gracia de Deus bispo de Lugo, entendendo fazer prol de nossa eglesia et avendo tractado entre nos sobre ello, fazemos tal escambeo con vosco Aras Perez da Cruz et con vossa moller Thereyia Peláez valedeyro por sempre, conven a saber que vos damos a nossa casa que esta a a Cruz cabo da outra vossa casa en que vos ora morades da una parte, et a outra casa que e da eglesia en que ora mora Marina Trapella da outra, con todas suas pertenenças et dereyturas que a aiades et possuyades por sempre por iur d'erdamento vos et toda vossa voz des aqui adeante. Et nos Aras Perez et Thereyia Peláez sobreditos damos a vos o cabidoo de Lugo por escanbio desta casa que vos ora nos dades a nos, terças d'aquella casa que ora nos avemos et possuymos enno Campo que e en dereyto a Pingueella et con o portal enteyro da casa que foy de Mayor [Mariasoldo] na qual ora mora Domingo Ferrnandez, çapateyro, con todas suas pertenenças et dereyturas, et iaz da una parte a casa de fillos de don Iohan Miguelez et da outra parte casa que e de fillos de donna Toda, que a aiades et possuyades por sempre por iur d'erdamento, et damosvo-la con carrega de dous soldos da boa moneda cada anno, dos quaes e un do espital dos pobres et outro da candea, os quaes vos devedes a pagar et conven a saber que tres soldos de leoneses que vos o cabidoo sobredito avedes de aver por esta casa sobredita por anniversario et sex dineiros que y a a obra desta moneda que vo-los damos que os aiades per aquella casa que e de Mayor Ferrnandez, filla que foy de Fernan Domingo da rua de Vermun Sanchez et de Maria Perez, a qual casa e no carril que vay da rua Nova para a rua Travessa, na qual an os [pevedros] a quarta, et iaz esta casa da una parte a casa da obra et do cabidoo et da outra per o pennal dela na cortina da casa do forno d'Affonso Perez do Carvallal. Et se por la ventura vos o cabidoo sobredito et a obra non poderdes aver aquestes tres soldos et medio de leoneses per aquesta casa sobredita, nos nos obligamos a vo-los perfazer cada anno estes III soldos et medio de leoneses per quanto avemos et espeçialmente per aquella casa que nos vos o cabidoo sobredito dades. Outrosi se acaeçer que en esta casa que vos nos escambeamos aia mays anniversario ou renda ca esta que vos nos ora dizemos nos nos obligamos por esta outra casa sobredita et per todos los outros nossos beens movilles et rayz os pagar a todo tempo.

Et nos o bispo sobredito por que entendemos que este escambio e prol do cabidoo outorgamoslo. Et que esto fosse çerto et non veesse en dulta nos obispo et cabidoo et Aras Perez et Tareyia Peláez sobreditos mandamos a Françisco Lopez, notario publico de Lugo, que fezesse ende esta esta (sic) carta et posesse en ella seu sinal.

Os que foron presentes: don Martin Eanes, archidiacono de Deça, don Pay Rodriguez, archidiacono de Sarria, Maestre Affonso, archidiacono de Deçon, don Aras Ferrnandez, chantres, don Johan Bezerra, juyz de Lugo, don Johan Eanes, thesoureyro, Aras Perez et don Pedro Diaz, coengos de Lugo, et outros.

Et eu Françisco Lopez, notario publico de Lugo, a esto todo rogado presente fuy et esta carta escrivi et puge en ella meu sinal.