GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

639
1361, outubro, 12. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Pérez e á súa muller, Tareixa Rodríguez, unha casa na rúa Miñá por renda anual de 10 soldos.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 110v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabiidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados en cabiidoo por campaa taniuda, segundo que o avemos de custume, damos et outorgamos a vos Afonso Peres de Villa Moure, mercador, et a Thereyia Rodrigues, vosa muller, huna nossa casa, que esta enna çibdade de Lugo, enna rua Minaa en par d’outra nosa casa en que mora Fernando Domingues Vidal, mercador, da huna parte, et a outra casa que fuy d’Afonso Peres Bego en que vos avedes as tres quartas, da outra parte, con suas pertenenças et iures que lle perteesçen, que a aiades vos et toda vosa voz para senpre por iur d’erdade, et que nos dedes dela por foro, cada anno, des soldos por dia de Natal, sen outro desconto nihun.

Et eu, o dito Afonso Peres, por min et por la dita minna muller, asi resebo de vos, o dito dayan, et cabiidoo a dita casa para senpre por iur d’erdade por min et por toda minna voz, et obligo por ella et por los outros tres quartos que aio na dita casa, que esta en par della, de vos pagar os ditos dez soldos, cada anno, segundo dito he, et se estas ditas casas traspasarem de nos et de nosa voz en outra parte que leven esta dita carrega destes ditos dez soldos de os pagar, cada anno, segundo dito he.

Et nos as ditas partes outorgamos todo esto que dito he et rogamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta para o dito Afonso Peres signada con seu signal et seellada con nosos seello et deytase outra tal no libro de nos, lo dito cabiidoo.

Feyta en Lugo doze dias do mes de outubre, era de mill et CCC XCtaIXe annos.

Testemoyas que presentes foron: don Diego Fernandes, dayan; don Lopo Domingues, chantre; don Pedro Ares, o mestrescolla; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; Johan Dias, Ruy Gomes, Johan Dias, Tomas Gomes, Gonçalvo Eanes, coengos de Lugo; et Jacome Peres, procurador dos aniverssarios da iglesia de Lugo ts., et outros. Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo por lo bispo dese lugar, a esto que sobredito he presente foy con as ditas testemoyas et de mandado et rogo das partes sobreditas fis scrivir et puge y meu nome et meu signal. (+).