GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

470
1393, decembro, 5
foro

Pedro Iáñez, tenente da capela que ordenou Roi Pérez Fungoso, afóralles a nove voces a Rodrigo Afonso, físico, e á súa muller, María Afonso, un soar na rúa de Cima de Vila por 3 libras.

ACOu, Fábrica e Capelas do Santísimo, 4

Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Anes clerigo do coro da igleia d’Ourense, teedor da capela que ordenou Roi Peres Fungoso, per liçençia e outoridade de don Ares Fernandes chantre da igleia d’Ourense vigario geeral do onrrado padre e señor don Pedro porla graça de deus e da santa igleia de Roma obispo d’Ourense que he presente e outorgante e me da poder e liçençia et outoridade para esto que se sigue, dou e outorgo a foro a vos Rodrigo Afonso fisico morador en Ourense na rua de Çima et a vossa moller Maria Afonso que non he presente, en vosas vidas danbos et a nove vozes apus morte do pustrumeiro de vos huna pus outra quaes foren nomeadas, et non seendo nomeadas que seia a primeira voz aquel ou aquela que de dereito herdar os outros vosos beens et esta primeira voz en sua vida ou a tenpo de seu fignamento nomee a sigunda voz et a sigunda nomee a terçeira et asy vaan as ditas vozes huna pus outra suçessive, huun soar de casas con seu seydo e terreo que perteensçen aa dita capela, et jaz na dita rua de Çima junto con outras vosas casas que foron d’Orraca Yanes duun cabo et do outro cabo parten con casas de Pero de Portas et topa en çima con seu ixido e terreno nos paaços do dayan, et ten os portaas na dita rua publica. O qual soar esta em hermo e derrocado gran peça de tenpo ha et non ouvo nem ha del a dita capela cousa alguna. Aforo vos o dito soar con seu ixido e terreno por tal condiçon que façades y casas ou orta ou aquelo que vos aprouver, et dedes ende e paguedes vos e vosa voz de foro cada anno aa dita capela por dia de San Martiño do mes de novenbro tres libras de diñeiros brancos desta moeda usual que ora corre contado a viinte soldos por libra ou a estimaçon delas na moeda que correr. Et do al que o aiades livre e quite de todo outro carrego e trebuto e enbargo alguun. Et se vos ou vosa voz quiserdes vender, deitar ou subpiñorar o dito soar de casas con seu ixido e terreno que primeiramente frontedes a min e aos outros capelaens que porlo tenpo foren da dita capela que o tomemos e aiamos por lo justo preço que outre por el der, et nonno querendo nos por este preço reçeber que entonçe o vendades, deitedes ou subpiñoredes a atal pesona que seia semellavil de vos de quen a dita capela e os capelaens que porlo tenpo dela foren possan aver o dito foro en paz e en salvo de cada anno, et cunpra e agoarde as condiçoons contiudas en esta carta que vos sodes tiudo de conprir e agoardar. Et porla outoridade do dito vigario obligo os beens da dita capela para vos anparar e defender a dereito con o dito soar e ixido que vos aforo commo dito he. Et eu o dito Rodrigo Afonso que soo presente por min e porla dita miña moller que non he presente et por las ditas nove vozes asi o outorgo et reçebo en min o dito soar et ixido aforado commo dito he, et obligo todos meus beens para pagar cada anno aa dita capela as ditas tres libras et conprir e agoardar todas las cousas e cada huna delas que en esta carta son contiudas. Et eu o dito chantre e vigario que soo presente por quanto per min meesmo e per este notario e tests. foy veer o dito soar, et achey que ha gran peça de tenpo que está hermo e derrocado, et per juramento que sobrelo reçebo ao[s] santos avangeos do dito Pero Yanes que este aforamento he prol e boo paramento da dita capela. Por ende outorgo este dito aforamento enna maneira que he feito, et dou miña liçençia e outoridade ao dito Pero Yanes que o possa asy fazer ena maneira que o faz, et ontreponho a el meu degredo et mando que valla e aja firmedume no dito tenpo. Feita a carta en Ourense, çinqo dias do mes de dezenbro, anno do nasçemento de noso salvador Ihesu Cristo de mill e trezentos e noveenta e tres annos. Testimunyas que a esto presentes foron Gil Rodrigues de Soutelo mestrescola d’Ourense e Roi de Montes çidadaao d’Ourense e Gomes Mosqueiro vesiños dese lugar e Gomes Peres de Penavegia notario e outros.

Et eu Afonsso Perez notario publico da çidade d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto presente foy et esta carta que ende dey ao dito Rodrigo Afonso en miña presença fis escripvir e meu nome e signal aqui fiz en test. de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da casa nova da rua de Çima.

Carta da (porta) do Tendal.