GMH/ÍNDICE A-Z

1152
1463, xullo, 13 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando de Taboe, á súa muller e a unha voz unha casa co seu horto e a cortiña na freguesía de San Pedro de Lugo, por renda anual de vinte marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 28 v.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume dentro en a dita iglesia en a Capela de San Vertolameu, entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores, avido primeyramente noso acordo et consello et madura deliberaçon, aforamos et damos aforo a vos Fernan de Taboe, çapateyro, vesino desta çiudade de Lugo, et a vosa muller, Eynes Lopes, por vosas vidas de vos anbos et de outra persona despois de vos qual o postrimeyro de vos nomear, et se non for nomeada que seia quen erdar seus beens; huna nosa casa, que he dos aniversarios da dita iglesia, con seu orto et cortina et con todos seus dereytos, segundo ela a nos perteesçe et a os ditos aniversarios; a qual dita casa he sita et locada en a fiigresia da Capela de San Pedro desta çiudade et ias en par de huna das partes con outra casa que foy de Juan Rodrigues, correeyro, que he da Capela de santeyla afon[...], et da outra parte ias en par con outra casa de Vasco de Vandelo, et topa en a rua publica, a qual dita casa vos aforamos, segundo dito he, a tal pleyto et condiçon que a tenades lebantada et ben reparada et façades en ela huna camara noba; et dedes de foro vos et a dita vosa muller et persona, en cada un ano, viinte maravedis de longos por dia de San Martino de novembre a nos, ou a noso rendeyro ou colledor, en a moeda que se pagaren os outros foros dos ditos aniversarios, et con tal condiçon que a postrimeyra persona, que suçeder en o dito foro, que do dia que en el suçeder por foreyra ata trinta dias primeyros seguentes nos vena mostrar et insinuar como he foreyra del, su pena que se o asi non fezer que por ese meesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postrimeyra persona, que suçeder en o dito foro, que a dita casa et orto et cortina fiquen libres, quitos et desenbargados a nos et a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en elles foren feytos.

Et eu o dito Fernando de Taboe, que presente soo asy reçebo o dito foro da dita casa, orto et cortina de vos, o dito cabidoo, para min et para a dita mina muller et persona por los modos, condiçoes et maneyras sobreditas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persona de conprir et pagar todo o sobredito, segundo en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo fazer duas cartas de foro, anbas en un tenor, huna para vos, o dito Fernando de Taboe, et vosa muller et persona et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores, et por mayor firmeza mandamos seellar vosa carta de foro con noso seello pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo, dia quarta feyra, treze dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seseenta et tres anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, tesoreyro; Gomes Vasques, Juan Vidal, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Martines, et Pedro Ferrnandes de Mera, coengos, et Ruy Lopes de Teixeyro, clerigo do coro da dita iglesia de Lugo.