GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

303
1334, xaneiro, 17. Lugo
Pedro Eanes véndelle ao racioneiro Xácome Eanes o que lle corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda por 20 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/15, perg. orix., galego, gótica cursiva, 135x345 mm.

Sabeam quantos esta carta virem, commo eu Pedro Eanes de Rimiae, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, et a vosa vos, hun dineiro cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de Sant Viçenço de Pedreda, con toda a renda et serviço et vianda que me perteeçe enna dita iglesia, et con todo o iur do padroadigo de presentar a ella et con todas suas dereyturas et pertenenças. Et reçebo de vos en preço por esta vençon viinte soldos d’esta moneda del rey don Affonso de que me outorgo por entrego et ben pagado; et renunçio a exçepçon do aver non contado et d’engano mays cada meatade do dereyto preço, et toda outra boa raçon et exçepçon que por min posa aver para contra esta vençon viir, que as non posa por min diser nen alegar. Et para esto comprir et guardar et para contra esta vençon non viir en iuyço nen fora del, faço iuramento a os santos avangeos, corporalmente taniudos con minnas maos, et obligo min et todos meus bees de vos faser senpre esta vençon de pas. Et des oie mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vosa vos pus vos.

Feyta a carta da vençon en Lugo XVIIe dias de ianeiro, era de mill et CCCLXX et dous annos.

Testemoyas: Gomes Peres, et Gomes Aras de Boveda; Iohan Eanes et Affonso Eanes de Rimiae, ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he presente foy et esta carta en minna presença fis escrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).