GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

366
1338, maio, 14. Lugo
O Cabido de Lugo arréndalle ao racioneiro Xoán González a administración de marzo por 460 marabedís anuais, 124 marabedís de sobreposta e as demais obrigas establecidas no Estatuto Novo.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 73r; Cód. 416 B, fol. 17r.

In Dei nomine amen. Era de mill et CCCos LXXª et seys annos, quatorçe dias de mayo.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo con outorgamento de don Pedro Iacome, juyz et vigario de don Fernan Aras, dayam desa iglesia, seendo iuntados en cabidoo por campaa taniuda segundo he de uso et de custume, arrendamos a vos Iohan Gonçalves, raçoeyro desa iglesia, amiistraçon do mes de março, que he en terra da Somoça de Lemos et en o Ynço et en o Mao, con todos seus dereytos et pertenenças quantos a nos perteeçen et perteeçer deven de dereyto en qualquer maneira, para en todos vossos dias. Et vos avedes nos a dar cada anno, quatroçentos et sessenta moravedis desta moneda blanca del rey don Affonso, a ooyto soldos cada moraovoedi, et pagarlos segundo que pagaren os outros amiistradores os seus terços. Et demays avedes nos a proveer o dito mes de pan et de vino , conven a saber: dar quatro paes et un quartillon de vino a o coengo, et dous paes et et medeo quartillon de vinno a o raçoeyro, segundo he ordenado enno statuto novo; et çento et viinte et quatro moravedis de sobreposta. Et non avedes a darnos desconto se non se for toma de rey ou de infante ou de ricome que tena o condado ou de merino mayor del rey.

Et eu Iohan Gonçalves, raçoeyro sobredito, asy reçebo esta renda de vos, o cabidoo sobredito, et obligo min et todos meus bees de conprir esto que dito he, et demays douvos por fiador a Affonso Eanes, raçoeyro, el presente et outorgante a a dita fiadoria.

Et por que esto fosse çerto nos as ditas partes rogamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que feçesse desto un publico instromento et que o posesse no livro do cabidoo.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantres; don Pedro Iacome, juyz; don Aras Pellaes, thesoreyro; Andres Peres, Pedro Galvan, Affonso Gomes, Vasco Dias, Iohan Ferrnandes, Vaasco Rodrigues, Fernan Affonso, coengos.

Et eu Fernan Peres, sobredito publico notario de Lugo, a o que sobredito he presente foy con as testemoyas sobreditas et a rogo das partes sobreditas este instromento [fis en minna presença escrivir] et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.