GMH/ÍNDICE A-Z

156
1325, marzo, 2
traspaso

O deán Vasco Pérez traspásalle ao cóengo Afonso Lourenzo unhas casas na rúa dos Arcediagos, arrendadas do cabido por 150 mrs.

ACOu, Escrituras XIII, 15

Sabeam quantos esta carta viren que juntado o cabidoo da igleia de Ourense por canpaan tanguda asy commo he custume eno lugar hu se sol juntar o cabidoo dessa igleia, dom Vaasco Perez deam da dita igleia com outorgamento do dito cabidoo dou e outorguou a Afonso Lourenço coengo desse lugar as casas que esse deam ten en sa vida arendadas do dito cabidoo, as quaes estam ena rua dos Arçidiagos, que foron de Fernan Paez coengo, con sas entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteenças asy commo as el tomou do dito cabidoo, por tal condiçon que esse Afonso Lourenço as tena e pessuya en toda sa vida desse deam e faça paguo em nome do dito dean ao dito cabidoo de çento e çinqoeenta moravedis da moeda blanca del rey dom Fernando cada ano. Et non seia tiudo a pagar delas mays em vida do dito dean nen o dito deam nen o cabidoo non lle possam por elas mays demandar no dito tenpo. Et o dito Afonso Lourenço pare bem e manteña as ditas casas em maneira que non defalescam por sa mingoa sigundo seu poder. Et o deam e cabidoo sobreditos o deven a manteer com elas a dereito e nom deven a consintir a nenguen que lle sobre elas faça torto nen força. Et para pagar os ditos diñeiros cada anno commo sobre dito he o dito Afonso Lourenço obligou todos seus beens gaanados e por gaañar. Et he posto que se recreçer contenda sobrelas ditas casas ontre o dito Afonso Lourenço e ho dito cabidoo que se termine por dous ommees boons do dito cabidoo tomados sen suspeyta a prazer das partes sen outra apellaçon. Et desto as ditas partes pidiron a min chançeller que lles desse ende senllas cartas partidas por .a.b.c. Feita acarta em Ourense, dous dias de março, era de mill e trezentos e seseenta e tres annos. Tests. Pay Ares, Afonso Martines, Martin Fernandes coengos.

Et eu Affonso Viviaez coengo de Ourense e chanceler dessa çidade que a estas cousas chamado e rogado presente foy e em mia presença as fige escripvir e meu sinal y puge en testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Litera capituli.