GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

160
1326, xaneiro, 6
foro

Os clérigos do coro afóranlles vitaliciamente a Miguel Domínguez, dito Fozeiro, é á súa muller, Tareixa Gómez, unha casa na rúa de Fonte Arcada por 26 libras de diñeiros portugueses.

ACOu, Clérigos do Coro, 32

Sabean quantos esta carta viren que nos Gonçalvo Martines dito Rella (moordomo dos ditos) clerigos do coro da igleia d’Ourense en nomme dos clerigos do dito coro cuio poder avemos para esto por huna carta feyta por Domingo Fernandes notario, aforamos a vos Miguel Domingues dito Fozeyro lavrador e a Tereyia Gomez vosa moller moradores en Ourense na rua de Fonte Arcada en vosa vida danbos tanto, huna casa que os ditos clerigos an ena dita rua a par da torre de Fonte Arcada, e parte de hun cabo pela rua que vay para a torre e do outro pela cassa que y esta que he da igleia de Seyxalvo e fer en çima na casa que foy de Johan Rodrigues o aboo e ten as portas contra o regueyro. Damos e outorgamos a foro a vos a dita cassa con entradas e seydas e con todos seus dereytos e perteenças, que vos tenades e pesuyades ela desta Santa Ouffemea primeira que ven endeante e dedes de foro por ela aos ditos clerigos ou a aquel que o por elles ouver de recadar en salvo e sen outro enbargo cada anno por Santa Maria dagosto viinte e seys libras de diñeiros portugueses contado xa par de diñeiros por tres libras e mentre que a moeda portuguesa correr chaamente en Ourense que a tomen a toda adiñeyrada e se non correr chaamente que dedes aos clerigos cada anno pelo dito dia doze libras de brancos da moeda del rey don Fernando ou a estimaçon dellas se outra moeda veer. Et devedes por vosa custa adubar a dita casa de todalas cousas que y conprir, salvo se caer por fondamento, que a deven a adubar os ditos clerigos. Outrosy devedes vos a faser eno sobrado da dita casa por vosa custa huna camara de madeyra e de tavoas dela meatade do sobrado contra as feestras da rua. Outrosy devedes a dar fiador aos ditos clerigos polos ditos diñeyros e renovalo cada anno. Et a morte de vos anbos a dita casa con todos seus boons paramentos deve ficar aos ditos clerigos e ben reparada. Et obrigamos todos os outros beens da universidade dos ditos clerigos por que seiades anparados a dereyto conna dita casa. Et nos os ditos Miguel Domingues e Tereyia Gomez para conprir e aguardar e pagar commo dito he obrigamos todos nosos beens guañados e por guañar. Et he posto entre as partes que qual quer delas que contra esto for e o non aguardar que peyte a outra parte que o conprir e aguardar quisser de pena la mor. de brancos e a carta en todo valla e fique firme en seu tenpo. Feyta a carta en Ourense, vi dias de janeyro, era de mill e ccclxiiiio annos. Tests. que a esto foron presentes Martin Afonso carpenteiro, Fernan de Calvos e Fernan Aras seu yrmao, Domingo Fernandes trapeyro morador en Çima de Villa, Tome Anes omme d’Affonso Viviaez coengo.

Et eu Domingo Fernandes notario d’Ourense pola igleia dese lugar que a esto foy presente e o escrivi e a petiçon das partes fige ende duas cartas en hun tenor partidas por .a.b.c. e meu signal y puge en testemunyo de verdade.

(sinal)