GMH/ÍNDICE A-Z

574
1351, marzo, 19. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ao Mestre Xoán, físico, e á súa muller e a dúas voces unha casa na rúa da Cruz, pola que deben pagar anualmente como renda 10 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 74v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayam de Lugo, et o cabidoo desse lugar con outorgamento dos coengos do aniverssario et dos capellaes do coro da iglesia de Lugo, afforamos et avervamos a vos Mestre Iohan, fissico, et a vossa muller, Eynes Lopes, et a outras duas pessoas pus vos, a huna delas qual o pustrimeyro de vos nomear a seu finamento ou en sua vida, et a outra qual nomear esta pessoa que o pustrimeyro de vos nomear, huna cassa que he dos aniverssarios as duas partes dela, et a terça dos capellaes; a qual cassa esta na rua da Crus et esta entre as cassas que foron de Aldara Eanes da Crus, da huna parte, et da outra parte esta a outra nossa cassa et dos ditos aniverssarios, sub a capella de Santiago. Et esta cassa afforamos a vos et a a dita vossa muller et a as ditas pessoas, con todas suas dereyturas et pertenenças, a a tal condiçon que vos et a dita vossa muller et as ditas pessoas que reffaçades et reparedes a dita cassa do reparamento et adubeyro que ouver mester; et que dedes dela, cada anno, vos et as ditas pessoas des moravedis, a XI dineyros novees minos terça d’um por cada moravedi, as duas partes destes moravedis a o que recadar os ditos aniversarios et a terça parte a os capellaes do dito coro. Et a finamento da pustrimeyra pessoa, das ditas duas pessoas que na dita cassa foren nomeadas, que a dita cassa fique livre et quita et desenbargada a os ditos aniversarios et capellaes asy commo ora he et con todos los boos paramentos et melloramentos que y foren feytos. Et eu, Mestre Iohan, por min et por la dita mina muller et en nome das ditas pessoas, asy reçebo o vervo et foro da dita cassa de vos, o dayan, et cabidoo enna maneyra que sobredita he, et obrigo a min et a todos meus beens para faser et comprir todo esto que sobredito he.

Et nos, dayam et cabidoo, assy vos lo outorgamos. Et por que esto seya çerto nos las ditas partes rogamos a Iacome Guillelmes, notario publico da çibdade de Lugo, que fesesse desto duas cartas en hun tenor, huna para vos, o dito Mestre Iohan, seellada con seello do cabidoo colgado, et outra que a deytase en este nosso livro do cabidoo, anbas signadas de seu signal.

Feyto foy esto en Lugo no coro da dita iglesia, XIXº dias de março, era de mil CCC LXXXIXº annos.

Testemoyas que presentes foron: o dito dayam, et Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; Vasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Dias, Tomas Gomes, Diego Eanes, coengos de Lugo; [Diego] Gomes, raçoeyro; Affonso Ferrnandes et Johan Ferrnandes et Afonso Eanes et Johan Ferrnandes, clerigos do coro, ts.

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico da çibdade de Lugo, a esto presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta scripvi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.