GMH/ÍNDICE A-Z

777
1378, febreiro, 15. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao racioneiro Xácome Fernández e a dúas voces un terreo de horto no Rego dos Ortos por renda anual de oito soldos en Nadal.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 96v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabidoo da iglesia de Lugo afforamos a vos Jacome Ferrnandes, raçoeyro da dita iglesia, et a duas perssoas depus vos, a huna delas qual vos nomeardes et a outra qual nomear a pustrimeyra perssoa que vos nomeardes en vossa vida ou a o tempo de seu finamento, hun terreo d’orto qu’esta no Rego dos Ortos a par da fonte de Iohan de Bobeda da huna yllarga, et da outra yllarga iaz a par de hun orto de Lopo Affonso do Campo, et fere de testa enna parte de çima que he dos aniversarios da dita iglesia, et da outra parte fere ennos ortos dos anyversarios da iglesia de Lugo. Et este dito foro vos fasemos con outorgamento de Garçia Rodrigues, clerigo do coro, rendeyro dos ditos aniversarios, a quen o dito orto perteeçe, por condiçon que lavredes et paredes ben et dedes del en cada anno a o procurador dos ditos aniversarios oyto soldos desta moneda que ora corre por dia de natal, et a o finamento da dita pustrimeyra perssoa que o dito orto fique livre et quito a os ditos aniversarios con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Jacome Ferrnandes, por min et por las ditas perssoas, assy reçebo o dito foro et obligo por meus bees et seus delas de comprir et gardar en todo.

Feyto foy esto en Lugo, quinse dias de freveyro, era de mill et quatroçentos et dez et seys annos.

Testemoyas: don Iohan Afonso, dayan de Lugo; don Gonçalvo Eanes, chantre; Thomas Gomes, Fernando Peres, Affonso Ferrnandes, coengos; Diego Eanes, Alvaro Ferrnandes, Iohan Garçia, Affonso Eanes, raçoeyros; et Garçia Rodrigues, procurador, rendeyro dos ditos aniversarios, et outros.

Et eu Fernando Peres, notario publico de Lugo por lo sennor obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas pressente fuy et a rogo das ditas partes esta carta escrivi et puge y meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.