GMH/ÍNDICE A-Z

1215
1472, maio, 15. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua a Tereixa García unhas casas na freguesía de Santiago de Lugo por renda anual de vinte marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 50 r.

Sepam quantos esta carta de çenso et penssion viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en nosso cabildo chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en a Capela de San Vertolameu, damos a çensso et a pension de cada un ano et por nome de pension a vos Tereyia Garçia, filla de Pedro Ferrnandes do Cabalo, que Deus aia, muller que fostes de Fraçisco Yanes, regidor que foy desta çiudade de Lugo, resçebente por vos et por vosos subçesores et herdeyros, para senpre por jur de herdade hunas nossas casas que estan en esta çiudade de Lugo çerca do portal de San Françisco sub o signo da Capela de Santiago, as quaes han por terminos et lindeyros de huna parte contra a Porta Noba topa en a parede que aparta o Mosteyro de San Françisco da rua publica que vay para a dita Porta Noba, et de outra parte topan en o carril do Mosteyro de San Françisco, et o saydo delas topa en a parede do çemiterio do dito Mosteyro. As quaes ditas casas vos damos a pension, segundo dito he, por jur de herdade para senpre con todos seus dereytos et jures et pertenenças et orta et saydo et entradas et agoas vertentes et correntes desde lo çeo fasta a terra, segundo que todo perteesçe a os aniversarios desta dita iglesia et a nos por rason deles, para que posades delas et en elas faser casas como de vosa cousa propia, salvo que as non posades dar, nen bender, nen trocar, nen apensionar a iglesia nen a monesteryo, nen a outro lugar religioso algun salbo a a dita iglesia de Lugo, donde a resçebedes; et se as quiserdes vender vos ou vossos subçessores, que subçederen en o dereyto delas, que requirades et requiran primeyro a o dito cabildo et se as quiseren que les seian dadas por tanto quanto con verdade outro quiser dar, et se o contrario feserdes ou feseren que por ese meesmo feyto as pergades et perdan vosos herdeyros et se tornen a a dita iglesia. As quaes ditas casas vos damos et outorgamos a pension, segundo dito he, a tal pleyto et condiçon que d’oje este dia da feyta desta carta fasta çinquo anos primeyros seguentes façades delas et en elas casas de sobrados con valcoos de anbas las partes et as mantenades asi vos et vosos subçesores; et que dedes vos et vosos herdeyros et subçesores, en cada hun ano, delas et por elas de çensso et pension veynte maravedis de moeda vella de longos, et que os dedes et pagedes por cada dia de San Martino de nobenbre en esta çiudade de Lugo a o rendeyro et colledor que for das rendas dos ditos aniversarios por la dita iglesia, et çesando vos, ou vosos subçesores et herdeyros, de pagar o dito çenso et penssion, ou parte del, por tres anos que por ese meesmo feyto perdades et pergan todo o dereyto que en elas et a elas avedes et se torne a nos, o dito cabildo, et aniversarios donde a resçebedes.

Et eu, a dita Tereyia Garçia, por min et por meus herdeyros et subçesores asi resçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, as ditas casas por los modos et maneyras et condiçoes que mas dades, et obligo a min et a todos meus bees, mobeles et rayses, eclisiasticos et seglares, avidos et por aver, et dos ditos meus herdeyros et subçesores, que subçederen en o dereyto das ditas casas, de o teermos et conplirmos et gardarmos et pagarmos todo asy segundo arriba se conten, et promento et me obligo de seer senpre eu et meus subçesores en prol et en honrra et aiuda do dito cabildo et benefiçiados da dita iglesia, et non seermos contra eles en ningun tempo. Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos. Et porque seia çerto nos las ditas partes outorgamos et mandamos delo faser dous contrautos fortes et firmes, anbos en hun thenor, por lo notario a juso escripto un para vos, a dita Tereyia Garçia, et vosos subçesores et herdeyros, que subçederen en o dereyto das ditas casas, et outra para nos, o dito cabildo, et nosos subçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente o contrauto de vos, a dita Tereyia Garçia.

Que foy feyto et outorgado en o dito lugar, dia esta feyra, quinse dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o sobredito: Johan Afonso, chantre; Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Juan Arias de Parga, Pedro Martines, Pedro de Mera, Roy Dias do Freyxo, Afonso Martines de Galdo, canonigos et capitulantes; et Pedro Ferrnades das Camoyras, Fernando Peres, raçoeyros; et Juan do Vilar, porteyro; et Juan de Gaybol, procurador da dita çiudade de Lugo.

Non enpeesca donde bay escripto entre rengloes que dise topan, et en outro lugar donde bay escripto sobre raydo que dise vos ou vosos, et mays abayxo donde bay escripto entre rengloes que dise que dise (sic) casas, que foy error do escripbano et non visio et eu notario a juso escripto o salvo et aprobo.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de çenso et pension, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir, et por ende fise aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.