GMH/ÍNDICE A-Z

920
1415, febreiro, 9. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lope de Prol, á súa muller e a unha voz unha casa na rúa do Campo por renda anual os primeiros beneficiarios de 22 marabedís e 24 marabedís a voz.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 149 v.- 150 r.


       

Saban quantos esta carta viren como nos as personas coengos et benefiçiados da iglesia de Santa Maria de Lugo, seendo juntados en noso cabidoo por canpaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso de custume, con Lopo Ferrnandes, coengo en a dita iglesia de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios dela, et de seu consintimento et outorgamento, avendo primeyramente sobre elo noso consello et deliberaçom, et veendo et entendendo que he noso probeyto et dos ditos aniversarios aforamos a vos Lopo de Prol et a vosa muller, Tereyia Afonso, et a outra persona qual o postrimeyro de vos nomear en vida ou a tenpo de seu finamento, huna casa que he dos ditos aniversarios que esta en a çibdade de Lugo en a rua do Canpo, a qual esta da huna parte junto con huna casa en que agora mora Juan Lopes, fillo de Roy Lopes, mercador que fuy, et da outra parte esta outra casa en que morou Nuno Gonçalves, notario de Lugo, a qual he de Johan Yanes, coengo; a qual dita casa he sub signo da Capella de San Pedro da dita çibdade de Lugo, et a qual vos aforamos con todas suas entradas et saydas et jures et pertinenças et dereyturas, segundo que perteesçe a os ditos aniversarios, a tal pleito et condiçon que vos, o dito Lopo de Prol, et vosa muller et persona que suçeder en o dito foro tenades a dita casa feyta et cuberta / et ben reparada et ha ergades et façades hun sobrado, et dedes de foro et penson en cada hun ano a os aniversarios da dita iglesia de Lugo et a aquel que for rendeyro et colledor delles vos, o dito Lopo de Prol, et vosa muller en vosas vidas viinte et dous maravedis da moeda vella, de oyto soldos o moravedi, et a terçeyra persona que suçeder en o dito foro que de viinte et quatro maravedis da dita moneda, et que os pagedes da moneda que se pagaren os outros aniversarios da dita iglesia, et que os paguedes en cada hun ano por dia de San Martino de nobenbro. Et a finamento da dita terçeyra persona que suçeder en o dito foro que leyxedes a dita casa feyta et cuberta con o dito sobrado alçado et feyto et ben reparada a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela con todos los boos reparamentos que en ela foren feytos.
Et eu, o dito Lopo de Prol, que presente estou por min et por la dita mina muller et persona asy reçebo o dito foro de vos as ditas personas, coengos et benefiçiados da dita iglesia de Lugo que me façedes da dita cassa, et obligo min et meus bees et da dita mina muller et persoa de o comprir et pagar et atender, segundo et en a maneyra que dito he, et de faser et erger o dito sobrado, et de o leyxar en ela feyto et ergido en a dita casa, et de comprir et atender todas las outras cousas et condiçoes contiudas en o dito foro. Et nos, as ditas personas et coengos da dita iglesia de Lugo, asy vos lo outorgamos. Et porque sia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese delo duas cartas anbas feytas en hun tenor, huna para vos o dito Lopo de Prol et vosa muller et persona, et outra para nos o dito cabidoo, et a signase de seu signal.

Que foy feyto et outorgado este dito foro dentro en o coro da dita iglesia de Santa Maria de Lugo, era et dia et mes sobreditos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; et don Diego Alvares, arçidiago arçidiago (sic)  de Neyra; et don Rodrigo Afonso, juys; Roy Lopes, et Johan Yanes, Afonso Teyxeyro, Lopo Ferrnandes, Johan Lopes, Juan Dias, coengos de Lugo; Lopo Rodrigues de Teixeyro, et Ferrnan Afonso, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro fiz scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Fernandes, notario.