GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

383
1372, xaneiro, 26
reversión

Maior Ares, que foi muller do notario Xoán Fernández, renuncia en Lopo Rodríguez de Sabadelle o foro dunhas viñas en Bouzavedra (Sabadelle), por non as poder labrar "polas guerras e tenpos que foron e son mal parados".

ACOu, Escrituras X, 35

Era de mill e quatroçentos e dez annos, viinte e seys dias do mes de janeiro, en presença de min Fernan Gonçalves notario pubrico d’Ourense pola igleia desse lugar e das testemuyas adeante escriptas, estando enna dita vila d’Ourense enna rua do Vilar, presentes y Lopo Rodrigues de Sabadelle escudeiro e Moor Ares moller de Johan Fernandes notario que foy d’Ourense, a dita Moor Ares disso ao dito Lopo Rodrigues que ela que tiiña erdades de viñas que jazen en termio do dito lugar de Sabadelle enno lugar que chaman Bouçavedra e que as non podia lavrar nen manteer polas guerras e tenpos que foron e son mal parados, as quaes viñas e erdades disso que eran foreiras ao dito Lopo Rodrigues e que lle avia de faser cada anno delas foro do que deus en elas desse. Et agora por quanto as ditas erdades non podia manteer nen lavrar por que eran ermas e colleytas a monte e por os tenpos que eran mal parados, que demetia e demitío logo as ditas herdades ao dito Lopo Rodrigues, que as tomase e reçebesse en sy de aqui a deante e fezese delas toda sua livre voentade e o que lle aprouvese commo de sua cousa propia. Et o dito Lopo Rodrigues diso que por quanto el via e era çerto das ditas guerras e tenpos mal parados e que as ditas herdades eran mal paradas e coleytas a monte en maneira que as non podia lavrar nen manteer a dita Moor Ares por o que dito avia, que tomava e reçebia en sy as ditas herdades para sy e para toda sua voz segundo que llas a dita Moor Ares demetia e asy commo señorio que era das ditas herdades. Et que dava a dita Moor Ares e a todos seus beens e a toda sua vos por livres e por quites delo para senpre tanben das novidades do tenpo pasado commo de todo o al que a este feyto perteençese commo quer e en qual quer maneira. Et sobresto o dito Lopo Rodrigues renunçiou que nunca por sy nen por outre contra esto veese nen disese delo o contrario en ninhuna maneira por sy nen por outre en juiso nen fora del. Esto foy en Ourense ennos dias e era sobre ditos. Testemuyas Lopo Afonso coengo d’Ourense e retor da igleia de Pinor e Gonçalvo Gomes escudeiro e Johan Anes arçidiago de Baronçelle.

Et eu Fernan Gonçalves notario sobre dito que a esto que sobre dito he presente foy e o escripvy e meu nome e signal y puge que tal he

(sinal)