GMH/ÍNDICE A-Z

1312
1479, decembro, 3. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles ó arcediago de Dozón e a dúas voces unha cortiña na cidade situada no Carballal, pola que han de pagar trinta marabedís anuais de renda.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 62 v.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu chamados per soon de canpana tangida, segundo que avemos de uso et de custume, de consintimento et otorgamento de Roy Lopes de Teyxeyro, rendeyro dos aniversarios da dita iglesia, damos aforo et aforamos a vos Gomes Garçia de Goyoso, arcediano de Deçon en a dita iglesia, et a outras duas personas despois de vos una qual vos en vosa vida ou a o tempo de voso finamento nomeardes, et a outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et se non for nomeada que seia persona deste foro quen herdar vosos bees de dereyto, et asi da segunda persona. Conben a saber que vos aforamos, como dito he, una nosa cortina, que he dos ditos aniversarios, que esta dentro en esta çibdad de Lugo a o Carballal, a qual jas juntada da una parte con ho carril que vay de rua Noba aredor das paredes das ortas de San Françisco et de San Domingo para ho Carballal, et da outra parte jas junta con outro carril que ben de rua Noba et ben topar en o poço do Carballal, et da parte de bayxo fere de testa en as ortas das casas de rua Noba. A qual dita cortina de nos teberon en foro Lopo de Prol et sua muller, Tereyia Afonso, vesinos que foron desta dita çibdad, en suas vidas et despois que falesçeron la teveron de nos en foro Gomes de Romae et sua muller, Elvira de Romae, et seu fillo, Fernando Rodrigues de Romae, clerigo, defuntos, vesinos outrosi desta dita çibdad, et despois la tebo o liçençiado, Ruy Lopes, et Alvaro Lopes, seu tyo, et Juan de Viveiro, que aia parayso, et jas et he sita sub o signo da Capela de San Marco desta çibdad, a qual vos aforamos con todas suas entradas et saydas et jures et pertenenças et dereyturas como lle perteneçen et a os ditos aniversarios et a nos por rason deles et segundo que a os sobreditos teberon en suas vidas por la dita iglesia, a tal pleito et condiçion que vos et as ditas personas labredes ou fagades labrar et çarrar et parar ben a dita cortina, et dedes et paguedes de foro et çenso et pension dela, en cada uno ano, vos et as ditas personas despois de vos a o dito Ruy Lopes en sua vida et despois a os outros rendeyros das ditas rendas dos aniversarios trinta maravedis de moeda vella, contando tres blancas et un dineyro por cada moravedi, et que os paguedes vos et as ditas personas por cada dia de San Martino de novenbro de cada ano. Et a finamento da postrimeyra persona que a dita cortina fique labrada et ben reparada a os ditos aniversarios et iglesia de Lugo, cuia he, con todos los outros boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito arçediano de Deçon, que presente estou por mi et por las ditas personas asi reçebo de vos, o dito cabildo, o dito foro que me asi fasedes da dita cortina por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo meus bees et das ditas personas de o conpliremos et pagaremos et atenderemos en todo segundo arriba se conten. Et nos, o dito cabildo, asi vos lo otorgamos. Et porque seia çerto nos las ditas partes rogamos et mandamos a o notario ajuso escripto que faga delo duas cartas de foro anbas en un thenor una para vos, o dito arçediano, et vosas personas et a outra para nos, o dito cabildo, et que a vosa carta que seia seelada con o selo do dito cabildo.

Que foy feyto et pasou todo o sobredito en o dito lugar a tres dias do mes de desenbro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et nove anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron et feseron o dito foro: Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia, juis; et Gomes Arias, thesoreyro; et Diego Vasques, et Juan Arias de Parga, et Pedro de Mera, et Ruy Dias, et Maçia Alfonso de Balboa, et Pedro Fernandes de Vilafranca, vachiller en decretos, canonigos et capitulantes, et outros.

Et eu Afonso Ferrnandes de San Jullao, raçioneyro en a iglesia de Lugo, notario publico en a iglesia et obispado de Lugo por la abtoridad del senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo ho que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy et este publico instromento de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgado, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escripvir et aqui puje meu nome et signo acustumados.

Afonso Ferrnandes, notario.