GMH/ÍNDICE A-Z

247

maio, 19

Gómez Pérez outorga poder para reclamar aos herdeiros de Gonzalo de Ribadulla, morador en Padrón, 130 mrs. que se lle deben do viño que lle vendeu. (fol. 81v)

Gomes Peres. Feita e dada.

A XIX dias do dito mes Gomes Peres de Seixalvo outorgou seu poder abastante a Gonçalvo Calbete morador en Padron para que posa demandar a Gonçalvo de Ribadulla \morador que foy en Padron/ e a seus herdeiros et beens, çento e triinta mrs. vellos que lle devía do viño que lle mercou etç. e reçebeu e dar carta de pago etç. Sobre lo qual outorgou poder abastante etç. Obrigou seus beens etç. Tests. Diego Pato, Gomes Fernandes barbeiros, Joan Fernandes prateiro, vesiños d’Ourense. ( fol. 81v)