GMH/ÍNDICE A-Z

487
1434novembro, 22

Baldovinos, veciño de Pontevedra, outorga poder a Xoán de Millara, natural de Lemos, para actuar contra Cristofove de Guarabi polo que lle debe. (fol. 148v)

Feita e dada.

A XXII dias de novenbro Valdobynos, vesiño de Pontevedra, deu seu poder conprido a Joan da Myllara, alfayate natural de Lemos, para que por el et en seu nome posa aver e cobrar e demandar a Cristofove de Be Guaraby todas las cousas que lle ha levado e tragerlo preso e recadado etç. e aver todas e quaes quer cousas etç. et dar del querella etç. Tests. Fernando, Joan do Bouteiro et Rodrigo escripvan e Joan Françes.