GMH/ÍNDICE A-Z

1208
1472, xaneiro, 2. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando González e a tres voces a viña de Castelo en Santa María de Amandi, por renda anual do quinto de viño e uvas máis outras obrigacións.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 45 r.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo çerca da porta por donde soben a os orgos chamados por son de canpana, segundo que abemos de uso et de custume, con consintimento et octorgamento de Gomes Garçia de Gayoso, arçediano de Daçon et admistrador dos Verosmos et couto d’Amande, aforamos et damos aforo et avervo a vos Fernan Goçalves, morador en Villa Adris que he en o couto de Amande, et a outras tres personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela que por la que vos nomeardes for nomeada et asi subçesiblemente a outra persona, et non sendo nomeada persona por vos que seia quen herdar vosos beens de dereyto et asi das outras personas. Conben a saber que vos aforamos a vina chamada do Castelo, que he sub o signo de Santa Maria d’Amande, segundo que a tragia Afonso de Souto, morador en Deade, et ha demeteu et deyxou, et avedes de sacar de monte fasta quatro anos primeiros seguentes todo o monte que esta ajunto con a dita vina et poerlo de vina asy da parte de çima como en outra parte, et avedes de podar et cabar et rendar, cada ano, vos et as ditas personas so pena de perder o dito foro, et avedes de dar de foro et renda, en cada un ano, a o dito noso admistrador et a os outros que despoys del foren en a dita admistraçon o quinto de todo o vino et ubas que Deus der en a dita vina, o vino a a vica do lagar por home do admistrador, et as ubas partidas por lo çesto; et avedes de dar cada ano un [...] as cubas do amistrador et aiudarlas ha cercar; et non abedes de bender [...] nen sacar o vino do lagar sen home do admistrador, et avedes de pagar a lagarada segundo costume da ribeyra, et pagar todo o disimo a o admistrador; et avedes de seer vasalos serbentes et obidientes vos et as ditas personas a o dito cabildo et amistrador, et non avedes de bender, nen partir, nen aforar este dito foro vos, nen as ditas personas, sen liçençia et expreso mandado do dito cabildo, nen nomear por persona deste dito foro vos, nen vosas personas, a dona, nen [...] nen cabaleyro, nen escudeyro, nen outra persona salvo que seia voso semelabele; et avedes de dar por cada dia de San Martino un açumbre de boo vino cosido; et cada persona que despoys de vos suçeder en este dito foro que seia teuda et obligada do dia que en el suçeder por persona fasta çinquoenta dias de se viir mostrar et presentar a o cabildo et amistrador como he persona, so pena de o perder.

Et eu, o dito Fernan Gonçalves, que presente estou por min et por las ditas minas personas asi resçebo en foro de vos, os ditos senores do dito cabildo, a dita vina [...] et obligo a mi et a todos meus bees, mobeles et rayses, et das ditas personas de o conplir et pagar et atender todo asi su pena que se o asy non feser, eu et as ditas personas, que por qualquer cousa [...] que perdamos o dito foro et que vos seia en en o amistrador de o reçeber si le prouber.

Et nos, o dito cabildo, asy bos lo outorgamos, et porque seia çerto octorgamos delo duas cartas de foro anvas en un thenor huna para vos, o dito Fernan Gonçalves, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et a vosa mandamosla seelar con noso seelo pendente.

Que foy feyto et pasou o sobredito en o dito lugar, a dous dias do mes de janeiro, ano do nasçemento do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron este dito foro: don Johan Afonso, chantre; et don Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et don Gonçalvo Rodrigues, thesoreyro; et don Juan de Deça, juys; et Rodrigo Afonso da Rigeyra, et Diego Vasques, Ares de Parga, et Pedro de Mera, et Roy Dias de Freyxo, et Afonso de Galdo, canonigos et capitulantes; et Juan Ares, et Fernan Dias de San Julaao, raçoeyros et outros.

Et eu Gomes Garcia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy, et esta carta de foro, segundo ante mi pasou et foy outorgada por as ditas partes, por outro en mina presençia fise escripvir et en meu registro et protocolo a hasentey, et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumado en testemoyo de verdade, rogado et requerido.

A qual dita vina ha et ten por terminos et lindeyros de huna parte topa en a vina que agora trage Ares Ferrnandes, clerigo de Santa [...], et da outra parte topa en a vina de Roy Françisco, et da outra parte topa en o monte de vina que trage Johan das Casas. Et vos, o dito Fernan Gonçalves, non avedes de pagar por dia de San Martino, nen bosas voses, o dito açumbre de vino, et avedes de seer vos et elas vasalos serventes et obedientes da dita iglesia de Lugo et de seu amistrador.

Gomes, apostolicus notarius.