GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

44
1433, xullo, 8

Pero Falcón, mercader de Pontevedra, recoñece que debe a Alvaro Nunes, tamen mercader, 480 maravedis, que resultaron das transaccións comerciais entre ambos. Promete pagalos antes do dia de San Martiño.

(f. 20)

Oyto dias do mes de jullio. Sabean todos que Pero Falquon, mercador, besiño da villa de Pontebedra, que soo presente, confeso et outorgo que devo et ey de dar et pagar a vos, Alvaro Nunes, mercador, visiño da dita villa, quatroçentos et oytenta maravedis de moeda vella, contanto a branqua en tres dineiros, os quaes ditos quatroçentos et oytenta maravedis da dita moeda, vos fiquey devendo por toda conta feita et rematada entre min et bos, asi de dineiros et sal et panos et outras quaesquer cousas que entre nos fosen pasadas de hũa parte a outra ata este presente dia, los quaes ditos quatroçentos et oytenta maravedis da dita moeda que vos asi fiquey devendo por la dita conta me vos enprestastes por me faser amor et graça et boa obra, et de que me outorgo por entrego et pago et renunçio, etc. Et se diser etc. Et os quaes ditos maravedis vos prometo et outorgo de dar et pagar doje este dia ata dia de San Martiño do mes de novenbre primeiro que ven por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo et so pena do doblo da dita contia que vos peite etc. Et ante me obligo de vos pagar a pena que o prinçipal etc . et a pena etc. todavia etc. Et eu o dito Alvaro Nunes que soo presente asi o resçebo. Ts. Juan Lucas, clerigo et Fernan Lopes, alfayate, et Marquos Carneiro et outros. Feita.