GMH/ÍNDICE A-Z

72
1310, marzo, 6

venda


Maior Martínez véndelle ao mestre Xoán de Solbeira, cóengo, catro leiras de viña en Seixalbo, foreiras de cuarto ao bispo, por 1550 mrs. de moeda portuguesa.

ACOu, Bispo, 88






Enno nome de deus amen. Sabam quantos esta carta viren que eu Mayor Martinez moller de Johan Paez fillo que foy de Pay Pixoto morador no cabo da rua dos Çapateiros presente este meu marido e outorgante, vendo a vos meestre Johan de Sorveyra coengo d’Ourense quantro leyras de vinas que eu ey en termio de Seyxalvo, as quaes iazen no lugar que chaman o Lagar do Bispo de Porteyro, a sobrelo camino que vay d’Ourense para Seyxalvo, das quaes leyras unna delas iaz ontre a leira de Sancha Martinez mina yrmaan da unna parte et da outra a leira de Pero Peres da rua do Pumar et en çima entesta enna de Maria Paez moller que foy de Nicolao de Seixalvo et en fondo fer enno camino publico que vay d’Ourense para Seixalvo. Et a segunda leira iaz ontre duas leyras de viña da dita Sancha Martinez da unna parte e da outra, et en çima entesta enna seara de Porteiro da capella que ora tem Lourenço Anes coengo et en fondo fer enno camino publico. A terçeira leira iaz ontre a leyra da dita Sancha Peres da unna parte e da outra iaz a leira de Fernan Martinez çapateiro que mora enna rua dos Çapateiros, et en çima entesta enna seara da capella ia dita, et en fondo fer enno camino publico. Et a quarta leyra iaz ontre a seara da capella sobredita da unna parte et da outra a leyra da dita Sancha Martinez et en çima entesta enna seara da capella sobredita et en fondo fer no camino publico que vay d’Ourense para Seixalvo. Vendo a vos as ditas vinas de foro de quarta ao bispo d’Ourense e livres e quitas de todo outro enbargo. Que vos e toda vossa voz aiades e pessuyades ellas en jur de herdade para por senpre e façades delas toda vossa voontade livremente. Ca outorgo que reçebi ben e conpridamente de vos por esta vendiçon todo o preço que a min e a vos aprouvo, conven a saber mill e quinentos e çincoeenta mor. da moeda portugueesa de que contan xvi pares de diñeiros novos por tres mrs. Et outorgo anparar vos e toda vossa voz a dereito con as leiras sobreditas por min e por todos meus bees guaañados e por guaañar. Et quen quer que contra esta vendiçon veer aia a yra de deus e a mina maldiçon e quanto demandar peyteo a vos e a vossa voz doblado e aa voz del rey cc mrs. da boa moeda de pena e esta carta fique firme e valedeyra para por senpre. Feyta a carta en Ourense, seys dias de março en era de mill e ccc e xlviii annos. Tests. que a esto chamadas presentes forom Affonso Eanes reitor da igleia de Carrasedo, Domingo Eanes dito Canudo, Miguel Eanes clerigo, Pero Eanes dito Çeym. Reynante en Leom e en Castella rey don Fernando. Bispo en Ourense don Rodrigo. Teente Limya don Fernan Fernandes. Endeantado Mayor en Gallisa don Rodrigo Alvarez d’Asturas.

Et eu Miguel Perez notario por el rey en Ourense que a esto chamado das partes presente foy e en mya presença o fiz escrivyr e meu signal y puge que he tal.

(sinal)

[reverso] Meestre Iohan de Sorveira.

Carta u chaman o Lagar de Seixalvo.