GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

66

1305, outubro, 8. Riotorto.
Convenio entre o bispo de Mondoñedo don Rodrigo e o Cabido, dunha parte, e Fernán Pérez do Paazo, da outra, pola que se comprometen a axudar uns ós outros. Fernán Pérez comprométese, así mesmo, a non construír fortaleza ningunha no couto de Riotorto.
A, perg., partido por A.B.C., que amosa tres cordóns dos que pendían outros tantos selos de chumbo, de 220 x 290 mm. Letra gótica cursiva.
Ref.: flórez, vol. xviii, p. 168.

Era de mill et ccc xliii annos viii dias andados d-outubro. En presença de min Affonsso Yanes publico notario jurado dado do bispo in Villamayor / et das testemoyas que aqui son scriptas don Rodrigo pela graça de Deus bispo de Mendonnedo et o cabidoo desse lugar da unna parte et Fernan Peres Ponço da outra feçeron / entre sy tal auenença et tal compostura primeyramente que Fernan Peres Ponço des este dia doie endeante ame uerdadeyramente a yglesia de Mendonnedo et o bispo et o / cabidoo desse mismo lugar et as suas cousas en todas et as cousas que acaeçeren huquer que seia et ame a sua onrra et o sou proueyto et estorue / no sou danno quando lle acaeçer cada que uir et o entender et para seer a ysto mays teudo et mays obligado et que neun nollo possa nen deua / a estraear reçebe algo do bispo et de yglesia de Mendonnedo que tena delles en terra assy commo appareçe en hua carta do bispo que ende el ten seellada / con sou seello colgado. Et outrossy o bispo et cabidoo prometen a Fernan Peres de o quereren ben et quereren a sua onrra et hu uiren o sou danno que o desuiin et ende/recen no sou proueyto. Et outrossy Fernan Peres promete et outorga que neun omme peyteyro do sennorio do bispo et do cabidoo de Mendonnedo non no reçeba por / uasallo nen sen [...5] a el et os fillosdalgo que reçeber por uasallos enno sennorio do bispo et da yglesia que façan os sous dereytos ao / bispo commo lle feseron os outros fillosdalgo do sou sennorio et de sua terra et ao al que se non [...5]. Outrossy este lauor que agora feço non / couto de Riotorto teno este Fernan Peres que o derribar logo que non fique ende nada daquello que feço ou lle praça que o bispo o mande derribar et que desaqui endeante no faça fortelleça nenua no couto de Riotorto nen enno sennorio do bispo nen da yglesia de Mendonnedo saluo se se / partisse este couto con o bispo et con o cabidoo et quesesse laurar na sua partilla. Et para teeren et guardaren todas estas cousas et cada / unna dellas o bispo et cabidoo prometen a Fernan Peres in uerdade de llo teeren et guardaren et Fernan Peres outrossy prometeo ao bispo et ao cabidoo / de lles teer et guardar todas estas cosuas et cada unna dellas in tan uerdade commo perteeçe a faser a amo do sou casal. Et de / commo todas estas cousas et cada unna dellas foron feytas por min Affonsso Yanes notario sobredito ante o bispo et cabidoo et Fernan Perez Ponço sobre/ditos mandaronme et rogaron que feçesse ende antre elles duas cartas partidas por A.B.C. Et eu a mandado et a rogo delles escriuinas / por minna mao propia et meu nome et meu sinal pono en testemoyo de uerdade. Et a mayor firmedume mandaron seellar estas cartas de / sous seellos colgados. Feyta esta carta no coutto de Riotorto no dia et Era sobreditos. Testemoyas don Fernan Fernandes archidiago de Trasancos / don Domingo Ualasco archidiago de Viueyro don Martin Pelaes maestrescolla Raymundo Martines raçoeyro de Mendonnedo Aluar Peres d-Outeyro mayordomo de Fernan Peres Ponço Juhan Affonso de Vimir(?) Nunno Alvares desse lugar Juhan Affonso de Vimir(?) Fernan Coello de Jerusalen(?) caualeiros uassallos de Fernan Ponço et outros ( Signo, no que se le: Alfonsus Iohannis notarius).

(Reverso):
M. vii. nº 27. N. xxiii. Carta d-avinença de Fernan Peres Ponço et do bispo in que non faga fortelesa enno couto de Riotorto et se a ten feita aa derribe.