GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D53
1459, abril, 4
Sentenza que manda a Lopo de Buxán pagar a María Fernández 800 mrs. que lle debe pola compra dun macho (mulo). (fol. 22)

Maria Fernandes. Feita e dada.

(A quatro de abril Vasco Gomes et Gomes de Mugares juises da çidade d’Ourense, sendo enna Praça do Canpo audiençia da terça, mandaron por sentença a Lopo de Bujan que dese et pagase a Maria Fernandes oytoçentos mrs. vellos con as costas dereytas que confesou que lle devia de hun mullo que lle mercara, os quatroçentos mrs. doje a IX dias primeiros sigentes et os outros quatroçentos en fin do mes de mayo, et desto que desta primeira paga que se descontase ameatade de hun frollyn et a outra meatade enna postromeira paga, que era en fin de mayo, et mays
que se descontase da paga de mayo XL III.- que ja tina reçebydos. Tests. Pero Fernandes, Rodrigo Fernandes notarios, mestre Pero, Alvaro Fernandes pregoeiro)*.