GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

44

1417, xuño, 2.
O Concello ordena ó seu procurador pagase 150 maravedís a Juan de Abraldes, veciño da cidade, por certa cantidade.
O Concello manda ó procurador que non cobrase de Gonzalo, zapateiro, amo de Diego López de Toledo, os maravedís en que foi repartido, accedendo ó rogo deste último.
O Concello ordena o pagamento do salario a Alvaro da Rocha, pedreiro e ós mozos que o acompañaban na obra do rollo do Monte Ouriz.

Dous dias do mes de juyo. Sabean todos que seendo o conçello, os alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo an de uso et de costume, presentes ende Fernan Aras Xarpa et Pero Yanes Abraldes, alcalles enna dita çidade et Martin Serpe, Gomes Rodriges, bachiller, Fernan Gonçalves do Pregontoiro, Alvaro Alonso Juliate et Alonso Fernandes Abril, regidores jurados enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines notario, et das testemoyas a juso scriptas; logo enton o dito conçello alcalles et regidores sobreditos diseron que mandavan et mandaron a Vernaldo Yanes do Camiño, procurador do dito conçello que presente estava que de quaesquer moravedis que por lo dito conçello recabdara ou avia de recabdar que dese ende a Juan Abraldes visiño da dita çidade, çento et çinquoeenta maravedis contando maravedis a III dineiros, que lle ouveran de dar por çerta pedra que del conpraran para o rollo que se fasia en Montooris et que mandavan que lle fosen reçebidos en conta os ditos maravedis. Testemoyas, Ares Fernandes do Vilar et Vaasco Gomes de Marçoa canbeadores et Bernaldo Yanes do Camiño et Gil Peres procuradores do dito conçello.
Predito. Os sobreditos mandaron a Bernaldo Yanes do Camiño, procurador que non cobrase de Gonçalvo, çapateiro amo de Diego Lopes de Toledo os moravedis en que fora repartido da que este anno se derramara enna dita çidade por quanto sua voontade eran dello faser quita deles a rogo do dito Diego Lopes que lles lo avian rogado et que mandavan que se tornase en fallas a o dito conçello os maravedis en que o dito Gonçalvo Yanes fora repartido da dita rrenda. Testemoyas os sobreditos.
Predito. Mandaron ao dito Bernaldo Yanes que pagase a Alvaro da Rocha, pedreiro, por seu jornal nove maravedis a III dineiros, cada dia et a o moço que con el estava tres maravedis et a os outros pedreiros que estevesen de graça enna obra do rollo que se agora fas en Montooris a cada ũu tres maravedis cada dia et aos serventes que estevesen enna dita obra a cada hũu maravedis et que lles camease a pagar esto des ayer martes que fui o primeiro dia deste mes de juyo. Testemoyas os sobreditos.