GMH/ÍNDICE A-Z

750
1376, marzo, 10. Cereixa

O bispo de Lugo outórgalles a María Rodríguez e ao seu fillo e a unha voz o usufruto duns casais na freguesía de Baamorto e reciben a cambio todo o que posúe a beneficiaria na freguesía de Cereixa, polo que deberá pagar anualmente un cuarteirón de trigo e outro de cebada.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 100v.

Sabeam todos commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, da huna parte, et eu Maria Rodrigues, filla de Fernan Rodrigues de Çequisa que fuy, da outra, fasemos entre nos tal enprazameto firme et valedeyro conven a saber que nos, o dito sennor obispo, damos a vos, a dita Maria Rodrigues, et a vosso fillo, Iohan Afonso, para en toda vossa vida et a huna pessoa qual o pustrimeiro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finameto, o uso fruyto dos nossos casares que nos avemos enna fiigresia de Vaamorto, chamados hun deles do Poço et outro do Tellado et outro de Cas de Nuno con suas pertenenças et dereyturas, casas, arbores et formaes, a monte et a fonte, peru quer que vaan sub o dito signo, os quaes suya teer aforo da iglesia de Lugo Afonso Peres de Vaamorto.

Et eu, a dita Maria Rodrigues, por min et por lo dito meu fillo et pessoa, assy reçebo de vos, o dito senor obispo, os ditos casares con suas pertenenças et dereyturas que me assy dades, commo dito he, et por este ben et merçee que me vos, o dito sennor obispo, fasedes dou a vos, o dito sennor obispo, et a a dita vosa iglesia para senpre por iur d’erdade et en pura doaçon et firme, todos quatos herdamentos et voses et casas, arbores et formaes et moynos et pesqueyras con suas dereyturas et pertenenças eu ey et me perteeçe de aver en qualquer maneyra, por parte do dito meu padre, na fiigresia de Çereyia, et logo por esta presente carta vos dou o iur et posisson et propiedade dos ditos herdamentos et voses con suas pertenenças et tiro del a min et a toda minna vos et dou-vos poder que d’aqui adeante possades faser deles et en eles toda vossa voontade commo de vossa cousa propia sen enbargo de min, et se eu d’aqui adeante usar os ditos herdamentos ou de parte deles connosco et outorgo que os uso por vos et en voso nome precario.

Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos a dita doaçon et iur et possisson dos ditos herdamentos et vos que nos vos a dita Maria Rodrigues assy dades, et por vos façermos ben et merçee damos a vos, a dita Maria Rodrigues, et a o dito Iohan Afonso, vosso fillo, et a a dita pessoa que asi for nomeada, que tenades et levedes et usedes dos ditos herdamentos et voses et casas et arbores et moynos et bees que nos dades con os outros sobreditos et os lavredes et paredes ben en guisa que se non perçan con mingoa de lavorio et de sarradura, et mantenades as casas que a todos los ditos herdamentos perteeçen, et avedes-nos a dar cada anno de conoçemento de sennorio dos ditos herdamentos que vos damos et tan ben dos que nos destes, que avedes a teer, hun quarteyro d’orio et outro de çeveyra, et seerdes vasallos et obedientes nossos et de nossa iglesia et de nossos subçessores, et non avedes a vender nen supignorar ninhuna parte destes herdamentos et voses a cavalleyro, nen escudeyro, nen a donna, nen a outro ome poderoso algun sen nossa liçençia, ou de nossos subçesores, et avedes a guardar os foros dos ditos casares a aqueles que os de nos ou de nossa iglesia teen enna maneyra que se en elles conten.

Et a finamento da postrimeyra pessoa os ditos nossos casares con suas pertenenças con os outros que nos destes, que asi avedes a teer, an de ficar livres et quitos et desenbargados et ben lavrados, et as casas feytas et en bon paramento, a nos et a nossa iglesia con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu, a dita Maria Rodrigues, que estou presente asi reçebo et outorgo o que dito he et prometo de o teer et comprir et guardar en todo sub penna de dusentos maravedis, por min et por lo dito meu fillo et pessoa, et para esto obligo meus bees et seus.

Et nos, o dito sennor obispo, asi vos lo outorgamos et porque esto seia çerto nos las ditas partes rogamos a Iohan Arias, notario publico de Lugo, que fesesse ende esta carta.

Que foy feyta en Çereyia des dias de março, era de mill et quatroçentos et quatorse annos.

Testemoyas que foron presentes: Gil Rodrigues de Fornea; Gil Vasques de Santa Alla; Lourenço Eanes de Çereyia; Vaasco Fernandes, amo de Fernan Peres; Iohan Ferrnandes, camareyro; Gonçalvo de Quyroga; Afonso Lopes de Mande, ts.

Et eu Iohan Arias, notario publico de çibdade et coutos da iglesia de Lugo por autoridade do sennor obispo desse lugar, a esto fuy presente con as ditas testemoyas, et esta carta escrivi et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade. Iohan Arias notario.

Et despois desto a dita Maria Rodrigues deu, a o dito sennor obispo et a a dita sua iglesia, hun quarteyro semente de herdade por iur de herdade para senpre iamas enna vila de Çequisa. Et os caseyros que lavraren os casares que o dito sennor obispo deu a a dita Maria Rodrigues an a seer defesos das monas et peytas, segundo o foren os outros serviçaes do dito sennor obispo.

Et Iohan Arias, notario, fuy presente et esto. Et os caseyros que lavraren os casares sobreditos an a faser serviso a o dito sennor obispo commo os outros seus caseyros.