GMH/ÍNDICE A-Z

360
1337, xullo, 9. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo acordan conceder os servizos solicitados polo monarca Afonso XI con motivo da guerra contra o Rei de Portugal; asemade, advírtenlle que tales servizos non se deben converter en práctica habitual.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 13v, traslado ao Libro do Cabido polo notario Rui Fernández: 1337-VII-16.

Sabeam quantos esta carta viren commo en presença de min Fernan Peres, notario da çiudade de Lugo, et das testemoyas que en fin deste instromento son escriptas, seendo don Pedro Roys, archidiago de Deçon et vigario geeral do onrrado padre et sennor don Johan, por la gracia de Deus bispo de Lugo, et don Fernan Aras, dayam, et o cabidoo da iglesia de Lugo, iuntados por canpaa taniuda segundo que o han de uso et de custume ennas casas hu mora o dito dayam, don Fernan Aras; o dito dayam et cabidoo diseron que por non caeren en sana de noso sennor el rey et que fosse servido por elles, et por guardaren a iglesia de Lugo et os que en ella son benefiçiados de grant perigoo et de dampno que y acaesçia ou acaesçer podia por raçon das pennoras et afincamentos que Diego Suares, escrivan de nosso sennor el rey, por suas cartas façia et avia feytas ena villa et enno couto et enno bispado de Lugo, por raçon do serviço que nosso sennor el rey demandava a o bispo et a o cabidoo et a os abbades et cleriçia do bispado de Lugo para esta guerra que ha con el rey de Portugal, et por moyto affincamento que lles façia por esta raçon o dito vigario poendo en elles sentença d’escomonyon diçendo que os mandaria denunçiar por escomungados, et os privaria dos seus benefiçios, ordinaron et obligaronse en esta maneria: conven a saber que este dayan sobredito ha de pagar a quantia que foy posta nos clerigos no seu dayadigo et das amiistraçoes que el ten por lo cabidoo; et don Fernan de Deus, chantre, por las iglesias de sua amiistraçon de Savinnao et de Sardineira; et don Alvar Dias, archidiago de Sarrea, por las iglesias deste seu arçidiagadigo et das amiistraçoes de iulio et de setenbre que ten; et don Pedro Iacome, juys de Lugo, vigario de don Gonçalvo Garçia, meestrescolla de Lugo, por las iglesias desta meestrescollia; et Affonso Eanes, raçoeyro et vigario de don Diego Fernandes, archidiago de Neyra, por los clerigos do dito arçidiagadigo, asy por todas aquelas iglesias que teen os cavalleiros quaesquer ou poderosos commo d’aquelles que teen os clerigos. Et prometeron et outorgaron cada hun dos sobreditos por obligaçon de seus bees, movelles et rays, guaanados et por guaanar, per hu quer que os oie este dia an, et averan d’aqui adeante, para pagar este serviço de nosso sennor el rey commo sobredito he. Et o dito vigario veendo que os sobreditos dayam et os homes boos do cabidoo da iglesia de Lugo façian a sobredita obligaçon doendose do dampno et da perda da dita iglesia por las raçoes sobreditas et por cada huna dellas obligou sy et seus bees et os bees do dito sennor bispo, cuio procurador et vigario he, a os sobreditos dayan et omes boos do dito cabidoo por toda a outra quantia que fora posta para este serviço de nosso senor el rey, et para guardar estes sobreditos dayam et cabidoo de dampno et perda quelles acaesçesse, ou podia viir, con mingoa da paga deste serviço sobredito de nosso sennor el rey pagando elles por las iglesias das suas dignidades et amiistraçoes segundo dito he. Et demays os ditos vigario et dayan et omes boos do cabidoo prometeron a o dito vigario de o aiudar et seer con el en toda cousa que conprisse por que nosso sennor el rey fose pagado do dito serviço, et se por ventura este serviço non podesse seer pago por la tayxa que para esto he posta enna iglesia et no bispado ou non podessen recadar todo o que era tayxado et conprisse en faser mays tayxa, que elles que fossen con el en hun acordo para tayxar en mays segundo entendessen que conpria et feçessen todo seu poder parasse recadar. Et esto prometeron a a boa fe de o atender assy, et protestaron que esto que ora façian et a que se obligavan por conprir serviço de nosso sennor el rey et por las outras cousas sobreditas, et que nunca esteveran en custume de façerem outro tal ata aqui de [acadar] as tayxas das suas dignidades et amiistraçoes, qu’elles non parasse periudiçio para adeante nen lles podesse allegar custume sobresto.

En testemoyo das quaes cousas o vigario, dayam et os outros deste cabidoo sobredito mandaron seellar esta carta con seellos deste vigario et do cabidoo, et por mayor firmidume rogaron et mandaron a min Fernan Peres, notario sobredito, que feçesse desto faser este publico estromento et possesse en el meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

Que foy feyto nove dias de julio, era de mill et CCC LXX et çinquo annos.

Testemoyas que a esto presentes foron: o vigario, dayam et pessoas sobreditas; don Aras Pellaes, thesoreyro; Affonso Gomes, Vaasco Dias, Johan Ferrnandes et Vaasco Rodrigues, coengos; Affonso Eanes, Johan Gutierres et Johan Ferrandes, raçoeyros de Lugo, ts.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo, que a estas cousas sobreditas chamado et rogado presente foy et de commo por ante min passou en mina presença fige ende escrivir esta carta et puge en ella meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.

Et eu Ruy Fernandes, notario publico de Lugo dado pella auctoridade do bispo desse miismo lugar, vi et ley a carta sobredita escripta en papel enno tenor sobredito et signada de signal de Fernan Peres, notario sobredito, segundo por ella pareçia, et a rogo de Johan Ferrnandes, coengo de Lugo, procurador do sobredito cabidoo, vervo por vervo a dita carta por mina mao trasladey en este livro do cabidoo et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.

Feyto XVI dias de julio, era de mill CCC LXXV annos.

Testemoyas: Iohan Eanes da Crus, sobrino de don Aras Pellaes, thesoreyro; [...] Rodrigo Eanes, clerigo do coro de Lugo, Fernando Eanes, alfayate.

Materias

administración; arcediagado; arcediago; arquivo; audiencia diocesana; auto xudicial; bispo; cabaleiro; cabido; campá; casas; chantre; cóengo; convento; coro; coroza; couto; crego; deádego; deán; dignidades; diocese; emprazamento; escribán; excomuñón; familia; fidalgo; fisco; freguesía; guerra; libro do cabido; mesa capitular; mestrescola; mestrescolía; mosteiro; obrigación; pena; preito; prenda; procurador; protesta; provisor; raicioneiro; recadador; rei; selo; sentenza; servizos; sobriño; subsidio; tenza; tesoureiro; tío; traslado; tributos; vigairo; xastre; xuíz; xurisdición; notario

Persoas

Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Afonso Eanes, racioneiro de Lugo; Afonso Gómez, cóengo de Lugo; Álvaro Díaz, arcediago de Sarria; Ares Páez, tesoureiro de Lugo; Diego Fernández, arcediago de Neira; Diego Suárez, escribán e recadador; Fernando Ares, deán de Lugo; Fernando de Deus, chantre de Lugo; Fernando Eanes, xastre; Gonzalo García, mestrescola de Lugo; Pedro Ruíz, arcediago de Dozón; Pedro Xácome, xuíz de Lugo; Roi Eanes, crego do coro de Lugo; Roi Fernández, notario; Vasco Díaz, cóengo de Lugo; Vasco Rodríguez, cóengo de Lugo; Xoán Eanes da Cruz; Xoán Fernández de Baldaio, cóengo de Lugo; Xoán Fernández, racioneiro de Lugo; Xoán Gutérrez, racioneiro de Lugo; Xoán Martínez, bispo de Lugo; Fernando Pérez, notario

Outros

Castela, reino; Lugo, bispado; Portugal, reino; Lugo, cabido

Lugares

Dozón, arcediagado; Lugo; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Portugal, reino; Sardiñeira, terra, antiga xurisdición; Sarria; Saviñao, O, antiga xurisdición