GMH/ÍNDICE A-Z

1307
1479, setembro, 1. Lugo

O arcediago de Dozón, con poder do Cabido, (inclúe carta de poder: 1466-VII-9 Lugo, CD nº 1173), afóralles a Gonzalo de Cima de Vila, á súa muller e a dúas voces o lugar de Cima de Vila e as viñas da Ribeira de Luar, por renda anual da cuarta parte de todo o producido, e os servicios habituais.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 69 r. e v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 69.

Sabeam quantos esta carta de foro virem como eu Gomes Garçia de Goyoso, archidiacono de Deçon en a iglesia de Lugo, amistrador do mes de junyo en os Verosmos et couto de Amande por lo cabildo da dita iglesia de Lugo, et veendo et entendendo que fago proveyto et serviçio da dita iglesia de Lugo et das personas benefiçiados dela, et por vertud de hun poder que das personas canonigos et benefiçiados et cabildo da dita iglesia teno, do qual dito poder seu tenor he este que se sigue:

segue a continuación a carta de poder: 1466-VII-9 Lugo (CD nº 1173).

aforo a vos Gonçalvo de Çima de Vila, morador en o dito couto de Amande, et a vosa muller, Marina Gomes, et a outras duas personas despoys de vos, huna que sea persona qual o pustrimeyro de vos nomear en sua vida ou a o tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia persona quen de dereyto herdar vosos bees, et asi a outra persona que seia nomeada por a que por vos for nomeada. Conben a saber que vos aforo ho lugar de Çima de Vila con as vinas da Ribeyra de Luar, que andan con o dito lugar, con todas suas herdades et vinas et arbores et entradas et saydas, a montes et a fontes por onde quer que van et les pertenescan asi de feyto como de dereyto, a tal pleito et condiçon que labredes et reparedes las herdades do dito lugar et moredes as casas et labredes as vinas et tenades todo ben labrado et reparado et podedes et cabedes et rendedes as ditas vinas en cada hun ano en maneyra que se non pergan por mingoa de labor et boo paramiento. Et daredes vos, o dito Gonçalvo de Çima de Vila, et vosa muller et personas depoys de vos a min, o dito arçidiano amistrador, et a meus suçesores, a quarta de todas las cousas que Deus der en o dito lugar et herdades del et vinas, o pan en o mes de agosto, et ho vino a a vica do lagar, en cada hun ano, por vista do ome do dito cabildo, et por cada dia de San Martino de nobembre daredes hun boo touçino que seia sen maliçia et hun par de galinas et huna quarta de vino et dous maravedis de renda, todo pago en o dito couto d’Amande por ollo do moordomo que ende estever por lo dito cabildo, et faredes todos los outros serviços que estan en custume, et non bendimiaredes sen liçençia do amistrador ou de seu moordomo se el non for presente. Et vos, o dito Gonçalvo de Çima de Villa, et vosa muller et personas despoys de vos seredes vasalos serventes et obedientes da dita iglesia de Lugo et cabildo dela, et non benderedes, nen supinoraredes, nen enagenaredes este dito foro sen liçençia et consentimiento do dito amistrador et do dito cabildo. Et as personas que suçederen en este dito foro que seia semejantes de vos, o dito Gonçalvo de Çima de Vila, et cada persona que suçeder en este dito foro seia obligada de se viir mostrar et presentar ante o dito cabildo de como en el suçede et del he persona do dia que en el suçeder fasta trinta dias primeyros, su pena que se asi non feser que perga o dito foro se lo quiseren reçeber et qualquer dereyto que a el tever.

Et eu, o dito Gonçalvo de Çima de Villa, que presente soo por min et por la dita mina muller et personas asi o reçebo este dito foro de vos, o dito arçidiano, por las personas et preçio et condiçoes en el conteudas, et obligo a min et a todos meus bees et da dita mina muller et personas, asi moveles como rayses, de teer, gardar, conprir et pagar todo ho contiudo en esta carta de foro.

Et eu, o dito archidiano, asi vos lo dou et outorgo en nome do dito cabildo, et porque seia çerto outorgeyvos delo esta carta de foro ante ho notario et testigos de iuso escriptos, firmada de meu nome et selada con meu selo.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo dentro en as casas de morada do dito archidiano, primeyro dia de setembre, ano de mill et quatroçentos et setenta et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: Pedro de Mera, canonigo; et Juan de Lugo, et Garçia Lopes de Santillana, escudeyro, criados do dito archidiano.

Et eu Fernando Martines de Sant Jullao, notario publico da çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro, segundo que por ante min pasou escripvi, et por ende puje aqui meu nome et signo en testemoyo de verdade que tal he.

Fernando Martines, notario.