GMH/ÍNDICE A-Z

421
1434setembro, 22

Partición de varias cubas que pertenceran a Pascual Rodríguez, realizada entre o seu sobriño Benedito e a súa viúva Inés Pérez. (fol. 128)

A XXII dias do dito mes Benedito, sobriño et herdeiro de Pascoal Rodrigues, feseron partiçon ontre el por parte do dito seu tio et Eynes Peres, moller do dito Pascoal Rodrigues, por sua sua parte en esta m das \de todas las/ cubas que ontre anbos gaanaron ontre ela et o dito seu marido en esta gisa, et acontençeu ao dito Benedito por parte do dito seu tio huna cuba enna adega da Rua dos Çapateiros que leva quinse moyos des lag peto, e por esta acontesçeu a dita Eynes Peres huna outra de trese moyos despeto et outra mais acontesçeu a dita Eynes Peres de viinte e tres moyos et a Benedito enna adega de Rodrigo Garçia de dez moyos despeto, sobre lo qual deron a dita partiçon das cubas que ontre anbos gaanaron a dita Eynes Peres et o dito Pascoal Rodrigues por firme et estavale agora e para senpre etç. Penna quinentos mrs. etç. Tests. Afonso de Moreiras e Pero Dias et Afonso de Moreiras. (fol. 128)