GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

647
1362, xuño, 25 sábado. Lugo
Tareixa Eanes véndelle ao bispo de Lugo unha porción de casal en Cartel, freguesía de San Pedro de Martul, por 31 marabedís e cuarta.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 30r.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Tareyia Yanes, morador en Marçelle, filla de Iohan Fernandes, dito Batallel que fuy, de bon curaçon et de boa boontade vendo a vos, o moyto onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, para vos et para a iglesia de San Pedro de Martur, a quinta et media terça do cassal que fuy de Martin Rodrigues de Cartel, que he enno dito lugar de Cartel sub signo da dita iglesia de San Pedro de Martur. Et se eu, a dita Tareyia Yanes, mays herdade aio enno dito lugar de Cartel et me perteesçe d’aver en qual maneyra quer por lo dito meu padre, mays vendo a vos, o dito sennor obispo, et a a dita iglesia de Martur; a qual quinta et media da dita terça do dito cassal et mays se a eu y aio, commo dito he, vendo a vos, o dito sennor obispo, con todas suas herdades et cassas et arvores et formaes et iures et pertenenças et dereyturas et pastos, a monte et a fonte per ut quer que vaan, et que as eu aia et me perteesca d’aver en qual maneyra quer sub o dito signo da dita iglesia de Martur; et reçebo de vos en preço por esta vençon triinta et hun moravedis et quarta, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey dom Affonso que ora corre, de que me outorgo por entrega et ben paga, et obligo min et meus bees, mobilles et rays, gaanados et por gaanar, de vos faser senpre a dita vençon de pas. Et que esto seia çerto roguey a Arias Peres, notario publico de Lugo, que feçesse ende esta carta.

Que fuy feyta en Lugo, sabado viinte et çinquo dias de iunyo, era de mill et quatroçentos annos.

Testemoyas: Fernan Arias, raçoeyro de Lugo, abbade de San Vitoryo; Iohan Fernandes de Cartel; Fernan Gonçalves, clerigo de Martur; Ruy Pere de Buias.

Et eu Arias Peres, notario publico de Lugo dado por auctoridade do dito sennor obispo desse miismo lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy, et a rogo da dita Tareyia Yanes esta carta scrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.