GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1226
1472, novembro, 27. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Fernando de Romain, á súa muller e a dúas voces unha leira en Beduegos, freguesía de San Lourenzo de Albeiros, por renda anual dunha fanega de centeo e un par de galiñas vellas.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, vol. 52 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 52.

Sepam quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, de consyntimento et outorgamento de Diego Ferrnandes de Luases, meestrescola en a dita iglesia de Lugo et administrador da nosa administraçon, aforamos et damos aforo a vos Fernando de Romayn, que presente estades, et a vosa muller, Mayor Afonso, por vosa vida de anbos et a outras duas personas despoys de vos, huna qual nomear o postremeyro de vos en sua vida ou a o tempo de seu finamento, que seia fillo ou filla de anbos se o y ouver, et non seendo persona nomeada que seia quen herdar os bees do postremeyro de vos de dereito, et a outra persona que seia aquela que nomear aquela que por lo postrimeyro de vos for nomeada. Conben a saber que vos aforamos huna nosa leyra de herdade, que perteesçe a a dita nosa amistraçon do mes de mayo, a qual jas en Beduegos sub o signo da nosa iglesia de San Lourenço de Alveyros, a qual leyra jas en a agra de Carraldaio, et topa da parte de arriba en huna leyra de herdade de Johan d’Alveyros, et da parte de bayxo topa en a vosa casa chamada do Souto et tedes agora en a dita leyra feyta huna ayra, por la qual dita leyra et ayra avedes a dar, en cada un ano, a o dito mestrescola, administrador, et a os outros aministradores que despois del foren, huna fanega de çenteo medida por medida dereita desta çibdade et paga en todo o mes de agosto de cada ano, et mays por cada dia de Sant Andre hun par de boas galinas vellas, et avedes de teer vos et vosas personas a dita leyra labrada et ben reparada; et cada persona, que despoys de vos et da dita vosa muller, subçeder en o dito foro que seia obligada de se vinir mostrar como he persona deste foro do dia que en el subçeder por persona fasta treynta dias primeyros seguentes, so pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto ho perda se llo quiseren resçeber.

Et eu, o dito Fernando de Romayn, que presente estou por min et por la dita mina muller et personas asy resçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, este dito foro por las maneyras et condiçoes susoditas, et obligo a min et todos meus bees, mobles et rayses, avidos et por aver, et da dita mina muller et personas de o teeremos et gardaremos et conpliremos et pagaremos todo asy segundo en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro, anbas en un thenor, por lo notario a juso escripto huna para vos, o dito Fernando de Romayn, et vosa muller et personas et outra para nos, o dito cabildo, et nosos subçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar a carta de vos, o dito Fernan de Romayn, con noso seelo pendente.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo dentro en a dita iglesia et lugar sobreditos, dia esta feyra, veynte et sete dias do mes de nobienbre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes: Johan Afonso, chantre; et Alvaro Dias, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia, arçediano de Deçon; et o dito Diego Ferrnandes, mestrescola; et Gomes Garçia, juys; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Rodrigo Afonso da Rigueyra; et Diego Vasques, et Pedro Martines, et Pedro de Mera, et Afonso de Galdo, et Gomes Ferrnandes, canonigos; et Ruy Lopes de Teyxeyro, clerigo do coro da dita yglesia, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et este sobredito contrauto de foro, segundo ante min foy por las ditas partes outorgado, escripvi et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.