GMH/ÍNDICE A-Z

1122
1457, xullo, 13 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi López, á súa muller e a dúas voces a cuarta parte dun terreo edificable na rúa lucense dos Ferreiros, freguesía de Santiago, por renda anual de tres marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, fs. 8 v.- 9 r.

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de campana tangida, segundo que avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde suben a os orgoos da dita iglesia, avido primeyramente noso consello et madura diliberaçion, entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores, damos aforo et avervo a vos Roy Lopes de Lugo, fillo que fostes de Lopo Afonso, mercador, vesino que foy desta çiudade de Lugo, et a vosa muller, Tereyia Fernandes, et a outras tres personas depoys de vos huna qual nomear o postremeyro de vos et a outra qual nomear aquela persona que for nomeada por lo postremeyro de vos, et non seendo nomeada persona que seia persona deste dito foro aquela persona que de dereyto suçeder en os beens de aquella persona que de dereyto suçeder en o dito foro, ou en a mayor parte delles, o quarto de un formal de casa, que he dos aniversarios da dita yglesia et a nos perteeçe por rason dos ditos aniversarios, que ias sita et locada en a dita çiudade de Lugo entra rua dos Ferreyros sub o signo da Capela de Santiago, a qual dita praça ias en par cabo de outra praça de casa que he dos ditos aniversarios, en a qual morou Juan de Santillana seendo vivo et a dita praça seendo casa feyta, et da outra parte ias en par cabo de outra praça de casa que foy de Nuno Gomçalves, canonigo que foy da dita iglesia de Lugo, et agora he de Roy de Castro, mercador; a a tal pleito et condiçion que levantedes en a dita praça casa et a tenades feyta, cuberta et ben reparada vos et as ditas personas; et dedes dela de foro, en cada un ano, vos et as ditas personas tres maravedis de moneda vella de longos por dia de Sant Martino de novembre a nos, ou a noso rendeyro et colledor das rendas dos ditos aniversarios; et a a morte et fin da postremeyra persona que a dita casa, que for feyta en a dita praça, fique cuberta et ben reparada, libre et quita et desenbargada con todos los boos paramientos que en ella foren feytos a nos, o dito cabidoo, a nosa quarta parte et a os ditos aniversarios, et con condiçion que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro que do dia que en el suçeder por persona fasta trinta dias primeyros segentes se vena mostrar seer foreyra do dito foro a nos, o dito cabidoo, ou a nosos suçesores, sub pena que se o asi non fezer que por ese mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Roy Lopes, que presente soo por min et por la dita mina muller et personas asi reçebo de vos, o dito cabidoo, con as condiçoes et por los modos et maneyras sobreditos, et obligo a min et a meus beens et da dita mina muller et personas de o teer et conprir et pagar todo segundo et en a maneyra que en a dita carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vosla outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo fazer duas cartas de foro por lo notario iuso escripto anbas en un tenor huna para vos, o dito Roy Lopes, et vosa muller et personas, et outra para nos, o dito cabidoo, et por mayor firmesa mandamos sellar con noso seello pendente a carta de vos o dito Roy Lopes.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia quarta feyra, trese dias do mes de jullio, ano do nasçemiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquenta et sete anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; et Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parga, tesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Juan Vidal, Juan Ares, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares de Parga, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Martines et Pedro de Mera, canonigos da dita iglesia.