GMH/ÍNDICE A-Z

584
1351, novembro, 4. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Vasco Fernández e á súa muller o casal de Fondo de Vila, en Santa María de Alta, por renda anual dunha terza de pan e outras obrigas.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 76r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 76.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o cabiidoo de Lugo, con outorgamento de don Lopo Domingues, thesoreyro de Lugo, et vigario geeral de don Diego Ferrnandes, dayam desse lugar, damos aforo et avervo a vos, Vaasco Ferrnandes de Mera, et a vossa muller, Costança Meendes, o nosso casal de Fondo de Vila, sub signo de Santa Maria Alta, que he dos aniverssarios, et avedes a dar del cada anno huna terça de pan a o cabiidoo, ou a o que tever os aniversarios, do mellor pan que ouver no dito casal sacada a semente. Et a a morte do pustrimeyro de vos ha de ficar o casal sobredito a os ditos aniverssarios con todos los boos paramentos que en el foren feytos, et ha de ficar provado de hun boy et de huna baca et de huna porca et de quatro roxelos.

Et eu, o dito Vaasco Ferrnandes, por min et por la dita Costança Meendes, assy ho outorgo et obligo por min et por todos meus beens a comprirlo commo sobredito he, et por que esto seia çerto damos-vos ende esta carta sellada con nosso seello pendente, et por mayor firmedue rogamos a Domingo Peres, notario de Lugo, que a signasse de seu signal.

Que foy feyto en Lugo quatro dias de novembro, era de mill et tresentos et oytaenta et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernando de Deus, chantres de Lugo; don Affonso Gomes, arçidiago de Deça; don Garçia Dias, arçidiago de Sarria; don Lopo Domingues, thesoreyro; don Vaasco Dias, iuys, Iohan Ferrnandes, Iohan Dias, Thomas Gomes, coengos de Lugo, ts., et outros.

Et eu Domingo Peres, notario publico de Lugo dado por actoridade do bispo desse miismo lugar, a esto presente foy et a rogo dos sobreditos esta carta scrivi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.