GMH/ÍNDICE A-Z

827
1380, novembro, 28. Lugo

O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Rodrigo Afonso, arcediago de Deza, e a dúas voces os casais de Barbaín e A Pena, nas freguesías de Santa María de Bóveda e San Fiz de Muxa, mais unha herdade en San Pedro de Soñar, por renda anual de 50 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1332 G/ 2 bis, perg. orix., galego, cortesá, 207x195 mm, traslado polo notario Gonzalo Pérez: 1391-XII-6; Cód. 416 B, fol. 104r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 104.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don Johan Afonso, dayam, et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo enno cabidoo et thesouro da dita iglesia, segundo avemos de uso et de custume, afforamos a vos dom Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça enna dita iglesia, et a duas persoas pus vos, huna qual vos nomeardes en vida ou en morte et outra qual nomear aquella que de vos for nomeada, et non seendo nomeada de vos ou de cada hun delles que seia persoa aquella que de dereyto herdar vosos bees ou os seus depus vos, o casal de Barbeyn que foy de dom Afonso Gomes, arçidiago de Deça, voso tio; et o casal de San Fiis de Muja, que chaman da Penna, que vos teedes a jur et a mao, os quaes son su signo de San Fiis et de Santa Maria de Bobeda, et a herdade que nos avemos en Sonarinno que vos agora tanben tragedes, que he sub signo de San Pedro de Sonnar; os quaes casares et herdades que vos afforamos commo dito he con todas las casas et casares et formaes, a montes et a fontes, per ut quer que vaan con suas dereyturas et pertenenças, por tal condiçon que as façades labrar et parar ben, et cubrades as casas que enelo cumpliren ennos ditos lugares, et as leyxedes feytas en boo paramento; et que dedes de cada anno vos et as ditas persoas pus vos en paz et en salvo en esta çibdade de Lugo, a o que tever os aniversarios, por dia de Natal çinquenta moravedis, de oyto soldos cada moravedi, et a a morte da pustrimeyra persoa as ditas herdades an de ficar a nos, o dito cabidoo, con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et que esto seia çerto rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que faça ende duas cartas en hun tennor, huna para nos et outra para vos o dito arçidiago.

Feytas en Lugo, viinte et oyto dias de novembro, era de mill et quatroçentos et des et oyto annos.

Testemoyas que foron presentes: don Johan Afonso, dayan; don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos; don Pedro Aras, arçidiago de Neyra; don Aras Peres, arçidiago de Deçon; don Pedro Aras, arçidiago de Triacastella; don Thomas Gomes, juys; don Diego Gomes, thesoreyro; Fernando Peres, Aras Fernandes, Diego Lopes, Ruy Lopes, Lopo Dias, coengos; Jacome Fernandes, Afonso Eanes, Johan Garçia, raçoeyros; et Afonso Fernandes, coengo.

Et eu Fernan Peres, sobredito notario publico de Lugo por lo senor obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).