GMH/ÍNDICE A-Z

D84
1459, abril, 13
Gómez Afonso xura que non debe 200 pares de brancas que se lle demandaban e declara as vendas realizadas de seis bois cos seus coiros, sebo, vinagre e aceite, cos seus respectivos prezos. (fol. 28v)

Feita e dada, Gomes Afonso e mestre Afonso.

En este día e por estes tests. audiençia das vesperas, ante os ditos alcalldes, o dito Gomes Afonso diso que en soltando o dito juramento que lle fora tomado porlos ditos mestre Afonso et Lopo de Bueiros, diso porlo dito juramento avyan que en rason dos ditos dosentos pares de brancas que llos negava que lles non devía cousa alguna, et en rason dos des boys que lle demandavan con seus coyros et sevo diso porlo dito juramento que feito avya que non vendera mays de seys boys (et os)* et que vendera os coyros destes seys boys aos çapateiros et que vendera quinse libras de sevo a moller de Gomes de Ramuyn a VIII brancas cada libra e mays non et que vendera hun moyo de vinagre a quatro brancas cada açunbre et (que asy o)* et que vendera çinco açunbres de aseyte a XIIII.- cada açunbre, et que mays non vendera nen lles devía mays et que asy o declarava porlo dito juramento que feito avya. Tests. Gomes de Ribadiso, Alvaro Fernandes, Lopo de Bueiros, Joan da Arca. (fol. 28v)