GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

132

1404, decembro, 13.
Traslado dunha sentencia do vigairo xeral do bispo don Álvaro de Isorna pola que lles manda ós moradores de Oirán pagar ós arrendadores do préstamo desta parroquia os foros, luctuosas e outros tributos.
B, perg., que se atopa no Tumbo Pechado, fol. 77v.: ACM, Arm. 3, n.º 10.
C, papel, catro follas tamaño folio.

Carta da sentença contra os d-Oyran.
Sabam quantos esta carta de sentença virem commo ante min Ruy Lopes arçidiago d-Asumara et vigario geeral do bispo de Mondonedo por lo / moyto horrado padre et sennor don Aluaro por la graça de Deus et de santa Iglesia de Roma bispo de Mondonedo oydor enna audiençia / de nosso sennor el rey visto hun pleito et contenda que ante mi foy tratado entre Diego Peres thesoureiro da iglesia de Mondonedo et Afonso Fernandes de Villaoalle coengo da dita iglesia et rendeyros do prestamo d-Oyram por lo cabidoo da iglesia de Mondonedo et Pedro Alonso et Juan Eanes et Afonso Lopes / et Diego Eanes et Juan d-Outeiro et Juan Lopes Caluo et Juan Peres de Traslorrio et Afonso Eanes d-Outeiro et Juan Eanes fillo de Juan de Çerdido por lo dito / seu padre moradores et prouadores enno dito prestamo da outra parte dizendo os ditos Diego Peres et Afonso Fernandes rendeiros do dito prestamo que os di/tos moradores do dito lugar que lles non querian pagar nen pagauan as rendas et foros et loytosas et ousios et uozes et sennorio et outras / cousas que deuian en cada hun anno ao prestameiro do dito lugar nen vsar con eles commo vsaran senpre con os outros prestameiros que foran ante de/les enno dito prestamo ata aqui et que me pedian que lles \fesese/ de les dar et pagar et os contregese para elo por juyso de santa iglesia. Et eu fige pregunta / aos sobreditos moradores et prouadores de dito prestamo que dizian et eles diseron que por quanto o dito Afonso Fernandes era rendeyro agora nouamente aui/a seis ou sete annos que el fora clerigo et rector cureiro do dito lugar d-Oyram et era pasado avia espaço de quarenta annos et mays que o / poynan en sua uerdade et juramento aos santos Euangeos que disese e declarase a quales cousas et cada huna delas que senpre vira pagar aos mo/ radores de dito lugar aos prestameiros que teueran o dito prestamo en cada hun anno por rendas et foros et uozes et ousios et sennorio et commo os / con eles viran vsar et que eles asy estauan prestes para o pagar et vsar con eles daqui endeante et que pedian a mi o dito bigario que asy julgase et mandase por minna sentença. Et eu o dito bigario fis pregunta ao dito Diego Peres et a Afonso Fernandes que dizian et logo eles diseron que lles prazia et o dito Afonso Fernandes diso que / prestes era para faser a dita jura et ha reçebia et as ditas partes obligaron sy et seus bees de estaren et conpriren et pagaren aquelo que por lo dito Afonso Fernandes / fose dito et declarado por lo seu pleito et por min o dito bigario fose julgado et sentençiado et de non yren contra elo nen contra parte delo sub pena de dous mill / mor. que outorgaron de pagar por pena et postura et enteresse aquel ou aqueles que contra elo forem et o non queseren conprir a qual pena pagada ou non outor/garon que o dito juramento et declaraçon que sobrelo fezese o dito Afonso Fernandes coengo et a sentença que eu o dito bigario sobrelo dese et julgase que ficase firme / et ualese para senpre. Et logo eu o dito bigario reçeby juramento aos santos Euangeos do dito Afonso Fernandes coengo et clerigo do dito lugar en presença das / ditas partes segundo forma de dereito. Et o dito juramento feyto o dito Afonso Fernandes pediu praso a que o soltase et dillo. Et ao dito prazo o dito Afonso Fernandes declarou es/te juramento por ante min et por lo notario subscripto que se sigue: Eu o dito Afonso Fernandes por lo juramento digo que qualquer omme que morar en Oyram que paga / por foro ao que for prestameiro do dito prestamo doce quadrelos de pan se teuer dous boys seys de trigo et seys de çeuada et se teuer un boy / que paga seys tres de trigo et tres de çeuada et esta çeuada ha de seer seuital de millo et o trigo uendauele et por lo quadrelo uello por que pa/gauan a Jacome Eanes en quanto foy prestameiro. Et pagan mays çinquoenta et quatro soldos et hua galina se teuer dos boys et se teuer hun page a mea/tade de todo este foro. Et se cauar con marra ha de pagar o quarto de todo este foro saluo a galina que deue cada casa et tamben as mulleres / aynda que non tenan omme se moraren en casa de sobre sy. Outrosy digo mays por lo juramento que fige que o bispo non ha y foro nen yantar nen / ninhua cousa nen que non entra y merino del rey nen comendeyro nen lle deue ninhua cousa. Iten digo mays por lo juramento que fige que o merino da torre uella que non ha y ninhua cousa sabuda saluo quando se o bispo quer seruir dos do dito lugar de carreio ou de seruentia por força et por sennorio que / non de deueda et enton que os enpraçaua o merino da torre uella. Iten digo por lo dito juramento que o prestameyro que ha por toda a iglesia des et seys quadras de / trigo et des et seys de çeuada et des et seys de millo. Iten digo que ha y mays seis quadrelos de trigo por lo que pagan as primeças por re/geyfa. Item digo que deuen mays os moradores do dito lugar o que teuer dous boys que deue dous quadrelos et o que teuer hun boy deue hun quadre/lo et o que cauar con marra que deue outro quadrelo de bodos et son de çeuada et estes uodos leua a meatade o dean et a meatade o prestameiro. / Iten digo que toda a iglesia que he a presentaçon do prestameiro et a visitaçon et a colaçon do dean. Iten digo por lo juramento que fige que oyn diser a Afonso Eanes hun / uello que y moraua que qualquer que tirase des jeyras de boys que deuia o foro todo pero eu nunca o byn leuar. Iten digo mays que o prestameiro / que auia enno dito lugar et ha todo o caritel et sennorio rayal et as loytosas por rason de Nuçio(?) et que ha de dar por loytosa a mellor / cabeça que teuer et se non teuer cabeça de gaando ou porco ou porca ou cabra ou obella que de arca se a teuer et se non teuer arca sesenta / soldos que montan oyto mor. curtos. Iten digo que os moradores do dito lugar han de seer \do/ prestameyro obedientes et ha iglesia et se lauraren binno ou fa/uas ou outra cousa que non seia pan non deuem senon hua galina et se lauraren pan pagen segundo de suso dito he. Et esta uerdade dou por lo juramento que / fige que o by asy vsar des quarenta et çinquo annos que ha que foy clerigo d-Oyram aaco. O qual dito juramento et uerdade asy dito et declarado eu o dito arçidiago et bigario sobredito fige leer et declarar ante as ditas partes et fige pregunta aos ditos moradores do dito lugar se querian o traslado dela ou diser contra / ela do seu dereito et eles diseron que non mays que a consentian et pedian a min que o liurase et julgase entre eles et os ditos prestameiros por la dita uerdade et de/claraseo por minna sentença commo achase por dereito. Et eu o dito arçidiago et bigario asigney termino para logo para dar sentença. Onde eu o dito arçediago et bigario sobre/dito bisto et examinada a dita petiçon feita por los ditos prestameiros et ha responson dada por los ditos moradores do dito lugar et o juramento et declaraçon feito por lo dito Afonso Fernandes acho que os ditos moradores son theudos de pagar aos ditos prestameiros agora et daqui endenate segundo que he declarado por lo dito Afonso / Fernandes coengo clerigo do dito lugar et diso que pagaran ata aqui et mando que asy paguen et non mays en cada hun anno. Et julgando por minna sentença di/finitiua pronunçio et declaro esto asy et desto lles mando dar senas cartas de sentença firmadas de meu nome et seeladas de meu seelo et firma/das do nome do notario subscripto et mando deytar esta sentença enno liuro do dito cabidoo da iglesia de Mendonedo. Dada en Vilamayor treze dias do mes de de/zenbro et anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mil et quatroçentos et quatro annos. Testemoyas que foron presentes Juan Ramos coengo de Mondonedo Aluaro Rodrigues / Gonçaluo Rodrigues seu yrmao fillos de Rodrigo Rodrigues de Saldange Diego Ares de Luazes Juan Eanes clerigo do coro da iglesia de Mondonedo fillo de Juan Deus carpenteiro / criados do dito arçidiago et Roy Fernandes dito Filipes morador en Vilaformay et outros.
Et eu Johan Peres clerigo et notario publico jurado dado do bispo de Mendonedo enna çibdade de Villamayor et todas / las vilas et lugares de seu bispado a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et esta carta de / sentença por outro en minna presença fige escriuir por quanto estaua ocupado de outros negoçios et en ela / puge meu nome et signal que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido. Et non enpeesca o terlinno / uay aos nove regloes que dis “fesese” nen ho outro que vay aos viinte et dos que dis “dito” nen ho outro que vay / aos trinta et oyto que dis “do” que foy erro do escriuan quando escriuia (Signo). Johannes Peres clerigo et notario (Rúbrica).