GMH/ÍNDICE A-Z

474
1394, marzo, 17
foro

María Parda, con licenza do seu marido, afóralles a cinco voces a Lourenzo Pérez, aparellador, e á súa muller, Costanza Iáñez, unha casa chá co seu eixido na rúa Nova, lindando ao fondo coa “congostra do Carregal”, por 10 libras e 4 diñeiros de fumaxe.

ACOu, Clérigos do Coro, 8

Sabean quantos esta carta viren que eu Maria Parda moller de Gonçalvo Perez Pardo moradores na çidade d’Ourense na rua dos Çapateiros, con liçençia e outoridade do dito Gonçalvo Perez meu marido que he presente e outorgante, dou e outorgo a foro a vos Lourenço Peres aparellador morador na dita çidade d’Ourense na rua do Canpo et a vosa moller Costança Anes en vosa vida danbos et a çinqo vozes apus morte do pustrimeiro de vos, asy que o pustrimeiro de vos en sua vida ou a tenpo de seu fignamento nomee a primeira voz, et non seendo nomeada que seia a dita voz o que herdar os outros vosos beens de dereito, et a primeira voz nomee a sigunda et a sigunda nomee a terçeira et a terçeira nomee a quarta et a quarta nomee a quinta voz, et asy vaan as ditas vozes huna pus outra suçesive. Conven a saber esto que vos aforo, huna casa chaa con seu ixido que eu aio na dita çidade d’Ourense na rua Nova, que demarca de huun cabo con outra casa miña e de Martin Anes de Gordon, et do outro cabo demarca con outra casa do cabidoo da igleia d’Ourense que ora ten Martin Rodrigez de Paradela et ten as portas na dita rua Nova, et en fondo vay topar o ixido dela na congosta do Carregal. Aforo vos a dita casa con seu ixido sigundo está demarcada, con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteensças sub tal condiçon que vos e a dita vosa moller et vosas vozes que trastelledes e apostedes e reparedes a dita casa de todo o que ouver mester, salvo se caer per fondamento de parede ou quebrar trave, que desto que se corregan porlo foro que me avedes de dar en cada huun anno. Et que vos e a dita vosa moller e vossas voses que dedes ende a min e a miña vos de foro cada anno por dia de San Martiño do mes de novenbro en pas e en salvo en esta dita çidade d’Ourense dez libras de diñeiros brancos desta moeda usual de que contan quarenta par de diñeiros novees por tres libras enna moeda que correr porlo tenpo. Et que pagedes de cada anno de fumageen quatro diñeiros. Et do al que aiades a dita casa con seu ixido de dizemo a deus livre e quite de todo outro enbargo e encarrego alguun. Et se vos ou vosas vozes quiserdes vender, deitar ou subpiñorar a dita casa e ixido ou parte dela que primeiramente frontedes a min e a miña voz que a tomemos (...) porlo justo preço que outre por ela der, et nonna querendo nos por esse preço resçeber que entonçe a vendades, deitedes |deitedes| ou subpiñoredes a atal pessoa que seia semellavil de vos de que eu e miña voz possamos aver o dito foro en pas e en salvo et que cunpra e aguarde as condiçoens desta carta e cada huna delas. Et obligo todos meus beens avidos e por aver para vos anparar e defender a dereito con este aforamento que vos faço. Et eu o dito Lourenço Peres que soon presente por min e por la dita Costança Anes miña moller e por las ditas nosas vozes asy resçebo de vos a dita Maria Parda a dita casa con seu ixido aforada porla maneira e condiçoens que ditas son, et para a apostar e reparar de todo o que lle conprir, salvo do que dito he et para pagar a vos a dita Maria Parda e a vosa voz as ditas dez libras de cada anno por lo dito dia de San Martiño et para conprir e agardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obligo todos meus beens avidos e por aver. Et he posto que qual quer de nos as ditas partes que contra esto pasar et o non conprir e agardar que peite aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena e de interesse çen mrs. da boa moeda et aa voz del rei outros tantos, et a dita pena pagada ou non que esta carta e aforamento fique firme e valla enno tenpo e por la maneira que he feito. Feita a carta na çidade d’Ourense, des e sete dias do mes de março, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e trezentos e noveenta e quatro annos. Testimunyas que a esto presentes foron Domingo Foçiños çapateiro, Johan Gomes e Martin Gonçalves carniçeiros e Gonçalvo Anes aparellador moradores en Ourense e outros.

Et eu Gonçalvo Oureyro notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto presente foi e o fiz escripvyr et meu signal aqui puge en testimunyo de verdade que tal he

(sinal)