GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

54

1417, novembro, 12.
O Concello dicta as Ordenanzas para o abastecemento da cidade e prezos dos artigos.

Doze dias do mes de novenbre. Sabean todos, que seendo o conçello da çidade de Santiago juntado por crida de anafil segundo que han de costume enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade, presentes enno dito conçello Fernan Ares Xarpa et Pero Eanes Abraldes, alcalles et Martin Galos et Martin Serpe et Alvaro Afonso Juliate, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Gomes Rodriges et Juan Ares da Cana, regidores et omes bõos, jurados enna dita çidade et en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte et en todos los seus regnos et escusador por lo dito Rui Martines, notario et das testemoyas adeante escritas, enton o dito conçello et alcalles, regidores et omes bõos jurados diseron que por quanto via que esto adeante contiudo era feito et ordanado en proveyto da dita çidade et dos vesiños et moradores dela et pro comun et porque a dita çidade se mantiina de acarreo et os vesiños dela que agora eran e fosen daqui endeante et esto mesmo os romeus et estranjeiros que a ela viina a vesitar o corpo do Apostolo Señor Santiago et outras quasquer personas que a ela vina e veesen ouvesen egual mercado das cousas que enna dita çidade se vendesen e veesen a vender, que acordavan et acordaron de poẽr regimento et regla ennas ditas vendiçioes que se ende conprasen et vendesen en maneira que aquelas personas que as vendesen non encargasen suas conçiencias por las vender por mais contias das que devian et ouvesen ganançia comunal et as personas que taes vendiçoes ouvesen de conprar non pagasen nen lles fose demandado mais contias de maravedis que aquelas que de bon gisado et rason devian pagar, por ende que fasian et feseron et ordenaron estar ordenaçoes adeante contiudas segundo que aqui dira, as quaes mandaron que se cumprisen et fosen gardadas d’oje este dia endeante en quanto fose voontade do dito conçello, estando presentes a a publicaçon das ditas ordenanças Juan Martines de Noya, cardeal mayor enna iglesia de Santiago et vigario da dita Iglesia. As quaes ordenanças son estas que se siguen:
Primeiramente, que se venda o pan cosido en esta maneira, que quando valier a oytava de trigo a seseenta maravedis, que façan as pãadeiras pan de dineiro que pese seis onças desque for cosido que seja o dito pan bõo et ben cosido et dende ajuso et dende arriba a este respeito segundo vala a oytava de triigo.
Iten que se venda o pescado en esta maneira: a libra dos sacadores et das sollas et dos bodiõos, dos polvos et das fanequas et das rayas et das langostas et das sibias et das luras a tres dineiros cada libra.
Iten a libra dos corvelos et mugees et robalos et robaliças et reos et vesugos et douradas et do evo e do praginaas a quatro dineiros cada libra. Iten a libra dos rodavallos et do mero a seis dineiros cada libra. Iten as ostras eschousas a seis dineiros cada libra. //
(Fol. 23 vº)
Iten das ostras cascudas quatro a o dineiro.
Iten a libra das pescadas frescas et dos congros a seis dineiros cada libra. Et çerca do dito pescado fresquo que se vendese segundo esto et por outra ordenança que fuy feita por lo dito conçello et outorgada por las pescadeiras.
Iten que se venda a leña en esta maneira: a carga de leña  sequa que seja boa agisadamente a seis branquas et dende ajuso a este respeito segundo for a carga.
Iten a carga dos çerqueiros et de outra leña verde que seja boa carga a quatro branquas et dende ajuso.
Iten o carro de leña a viiente et çinquo branquas et que seja ben carregado et dende ajuso seguno for o carro de leña. Et que desto seja a vista de cada hũu dos alcalles ou jurados ou procuradores da çidade que primeiro poder sẽer avido.
Iten que se venda a ferrajẽe en esta maneira: a ferradura do cavalo lançada enno pẽe a quatro branquas.
Iten a ferradura mular et dos albardoes lançada enno pẽe a tres branquas et hũu coroado.
Iten cada referrada de cavalo lançada enno pẽe hũa branqua et dous coroados.
Iten cada referrada mular et de albardões, lançada enno pẽe hũa branqua et hũu coroado.
Iten que se vendan os çapatos en esta maneira: os çapatos de corda para sobre calça acostumados a trese branquas et hũu coroado et os çapatos de ome de pẽe et de lavrador trése branquas et hũu coroado.
Iten tacões para estes çapatos seis branquas et dous coroados. Iten çapatos para moços pequenos de quinse annos a juso, oyto branquas. Iten tacões para estes çapatos quatro branquas. Iten çapatos de ome ou moller solados et sobresolados viinte branquas. Iten por solar calças, des et seis branquas et dous coroados. Iten por encabeçar botas et borcegiins con suas solas, trese branquas et hũu coroado.
Iten que os carpenteiros et pedreiros que leven por jornal de cada dia de lavor, desde quinse dias d’oytubre ata quinse dia de março (+ - 15) quatro maravedis et desde quinse dias de março ata quinse dias d’oytubre, çinquo maravedis et que todas las personas ofiçiaes de todas las cousas sobreditas que sejan tiudos de faser et vender et ussar cada hũa das ditas cousas et ofiçios segundo que seya, en maneira que a dita çidade seja bastiçida das cousas sobreditas so penna de seseenta maravedis para os muros da çidade por cada ves et de jazer enna cadea triinta dias. Iten que regaton nen regateira nen outra persona algũa non seja ousado de conprar enna çidade nen fora dela duas legoas arredor cousa algũa para a regatar et vender outra ves so pena adeante contiuda. Et qualquer que o contrario desto et de cada cousa delo ferser que page cada ves quinse maravedis de moeda vella que seja a terça parte para os alcalles et os dous terços para os muros da çidade et que sejan acusadores os procuradores que son et foren a adeante et se algũo outro quiser acusar que o posa faser pero que as penas que seian para os ditos muros et para os alcalles. Outrosi ordenaron que os alcalles da çidade con as justiças da iglesia façan conçertar todas las medidas et pesos do pan et do viño et da carne et azeyte ata viinte dias primeiros segintes, porque dende endeante usen delas verdadeiramente.
As quaes ordenanças feitas por los sobreditos et liudas et publicadas por min o dito notario et escusador enno dito conçello, o dito conçello alcalles et regidores et omes bõos jurados et con eles o dito cardeal mayor et Vaasco Marques, cardeal enna dita iglesia que presentes eran en nome do Dean et cabidõo da dita iglesia disseron que avyan por firmes as ditas Ordenanças et que querian et outorgavan que fosen conpridas et agardadas segundo suso eran et son declaradas et que mandavan et mandaron a Domingo Longo, servente do Conçello da dita çidade que a altas voses pregoase as ditas Ordenanças por las plasas acostumadas da dita çidade porque as personas que contra elas quisessen yr et pasar non podesen por sy alegar ynorançia que non veeran a sua notiçia. Testemoyas que a esto foron presentes: Vaasco Gomes de Marçoa, Juan da Cana, Juan Ares do Vilar, Aras Chantreiro, Jacome Gomes et Gotier Gomes et Juan Martines do Vilar, visiños da dita çidade.