GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

275
1346, xaneiro, 17-19

demanda

Os procuradores do Concello preséntanlle ao bispo don Álvaro un escrito de agravios e unha carta de Afonso XI, ao que responde o bispo.

ACOu, Bispo e Dignidades, 94

(ed. A. López Carreira, “Tres documentos sobre a crise do século XIV en Ourense”, Boletín Auriense 18-19 [1988-89], 170-174)

Era de mill e trezentos e oyteenta e quatro annos, dez e sete dias de janeyro. Conuçuda cousa seia a todos que en presença de min Gonçalvo Eanes notario publico d’Ourense jurado polo bispo e pola igleia desse lugar et das testymunyas adeante escriptas, Johan Ares e Gonçalvo Peres do Mato e Pero Eanes procuradores do conçello d’Ourense en nome do dito conçello mostraron e fezeron leer por min dito notario ante o onrrado padre e señor don Alvaro, pola graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense, hun escripto en papel, do qual escripto o tenor atal he segundo que se adeante segue:

Señor estes son os agraveamentos que o conçello reçebe de vos e dos vosos, de que vos peden señor por merçee que os desagravedes:

Primeiramente señor, dos peñores que os juises tomaron dos vesinos e moradores da villa que senpre pagaron con nosco ennas tallas e peitos que ontre nos aqueesçen que lles tomastes, e pedimos vos señor que llos entregedes.

Item os moordomos que andan por vos e polo cabidoo d’Ourense enna dita villa toman aos moradores da villa os peñores por portagen e por sobraria, non avendo por que pagar mais de huna dellas segundo que senpre os moordomos husaron a levar et segundo que se conten enna sentença que sobrelo foy dada ontre o bispo don Gonçalvo que foy vosso anteçessor et o cabidoo et o conçello.

Item os moordomos entran ennas casas dos vesinos e moradores da villa que non an fumagen e derribanlle as portas et tomanlle os peñores por ella por força e non lles queren reçeber fiador por dereyto.

Item os vosos moordomos dos vossos coutos toman e peñoran aos que moran ennos cassares e lugares dos omes do conçello por serviço e por gallinas et affincanos que vaan aos seus lavores, non avendo por que o faser, et estando sobrelo livrado por carta del rey que vos sobrelo mostraremos.

>Item toman de mays enno tenpo da vendimya aos moradores da villa quando an de vendimiar as viñas des diñeiros de cada dia por jantar et non queren con elles comer segundo deven.

>Item os vosos omes e vosos moordomos non queren dar çestos para tomar a vosa parte da novidade das viñas et toman os çestos alleos.

Item os vossos moordomos non queren tomar os capoens que vos an a dar das suas herdades e peñorannos por dous mor. por cada capon.

Señor os asemelleiros vossos e das pessoas e coengos da vosa igleia cortan as arvores que dan froyto aos do conçello et por esta rason vos nen os vossos moordomos non queredes leixar daquelo que a froyta vallia enno tenpo que as arvores estavan saans.

Item os vossos omes non queren dar çestos para coller a vosa parte da novidade dos herdamentos de foro que teen os do conçello.

Item os vossos vigarios que dan as sentenças taixannas en moyto mais ca non valen, por que levan a meatade dellas.

Item fasen a eysecuçon das sentenças e non queren que as façan os vossos moordomos segundo que senpre foy acustumado et segundo que se conten enna dita sentença.

Item os vossos moordomos que collen a vosa parte da novidade que avedes daver enno tenpo da vendimia das herdades que son vosos foreiros, fasen nos levar por nosa custa as uvas brancas ao vosso lagar, que cousa nunca foy acustumado se non era novamente.

Señor os vossos asemeleyros van aas nossas cassas que nos teemos ennos vossos coutos e britan as portas e tragen a palla e cangos e lena e madeyra que y teemos e a madeyra dos lagares.

Item outrossy señor, Bertolameu Peres vosso vigario deu sua carta descomunyon contra os notarios da villa d’Ourense que non façan testamento nen cartas de venda, avendo elles senpre acustumado de as faseren e seendo lle mandado por carta de nosso señor el rey, et por esta rason reçebemos grande agraveo et podenos por ello seguyr grande perda e danno et segue de cada dia se assi pasase, en maneira que alguen podia por ello morrer sen testamento.

O qual escripto liudo os ditos Johan Ares e Gonçalvo Peres e Pero Eanes procuradores sobre ditos mostraron e feseron leer por min dito notario ante o dito señor obispo huna carta de nosso señor el rey escripta en papel, aberta e seellada do seu seello en costa, da qual carta o tenor atal he segundo que se segue:

Don Alffonso porla graça de dios rey de Castiella, de Leon, de Tolledo, de Gallisia, de Sevilla, de Cordova, de Murçia, de Jahen, del Algarbe e señor de Viscaya e de Molina, a vos Roy Paes de Bedma nuestro vasalo e nuestro merino mayor en Gallisia et a los merinos que andudieren por nos o por vos agora e daqui adelante et a los juises dellas villas e lugares dessa tierra o a qual quier o a quales quier de vos que esta nuestra carta virdes, salut e graça. Sepades que Lorenço Domingues e Martin Peres procuradores del conçejo de Orense nuestros vasallos se nos querellaron e disen que teniendo los vesinos de Orense sus omes en sus casares e en sus heredades para labrar e fasiendo sus fueros al obispo de Orense de aquellas heredades de que llo deven de faser, que llas conpanas del dicho obispo e de algunos cavallieros e escudieros e de otros omes poderosos desa tierra que lles fasen yr por premia a sus lavores e que lles fasen pechar en sus yantares e en otros serviçios e pechos que non son tenydos a pagar, et que por esta rason que se lles despueblan llas heredades e los casares e que llos non poden labrar e que reçiben por ende moy gran daño, et pedieron nos merçed que mandasemos y lo que toviesemos por bien, et somos maravillado commo son osados delo faser e vos en gelo conssentir. Por que vos mandamos que daqui adelante que non consyntades al dicho obispo nin a outro ninguno que fagan yr por premia labrar a sus lugares a los omes que estudieren en llos casares e heredades delos de Orense e de su termino nin que lles fagan pechar yantares nin otros pechos ningunos salvo aquellos fueros e pechos que lles an de faser de derecho. Et non fagades ende al so penna de çient mrs. dela moeda nueva a cada uno. Et de commo vos esta nuestra carta for mostrada e la conpliredes mandamos a qual quier escrivano publico que para esto for llamado que dé ende al que vola mostrar testimonio signado con su signo, por que nos sepamos en commo conplides nuestro mandado, et non faga ende al so la dicha penna. La carta leida dágella. Dada en Bermeo, veynte dias de janero, era de mill e tresientos e seteenta e dos años. Yo Johan Goterres la fis escrivir por mandado del rey. Afonso Gonçalves e Garçia Dias e Diego Peres.

A qual carta liuda, o dito señor obispo pedio o trallado do sobredito escripto, et disso que daria a ello resposta para en outro dia, quarta feyra. Esto foy en Ourense enno eyrado das cassas do dito señor obispo, enno dia e era sobre ditos. Testymunyas que a esto presentes foron don Pero Suares dean d’Ourense, Pero Eanes meestrescolla, Lourenço Eanes, Gonçalvo Peres, Johan Gonçalves coengos desse lugar, Martin Peres Geestosa, Pero Domingues, Roy Peres, Lourenço Peres mercadores, Johan Domingues castelleiro e outros.

Despois desto, quinta feira, des e nove dias do dito mes de janeiro enna era sobre dita, en presença de min Gonçalvo Eanes notario sobredito e das testemunyas adeante escriptas, seendo enna camara de cabo o eyrado das casas do dito señor obispo, os ditos Johan Ares e Gonçalvo Peres et Pero Eanes procuradores do conçello d’Ourense en nome do dito conçello disseron e pediron ao dito señor obispo que desse resposta segundo que ficara. Et logo o dito señor obispo presentou e feso leer por min o dito notario hun escripto en papel, o qual desia que dava en resposta ao sobre dito escripto que os ditos Johan Ares e Gonçalvo Peres e Pero Eanes procuradores do conçello por min dito notario ante el fezeran leer, do qual escripto o tenor atal he segundo que se segue:

Señor, estes son os agraveamentos que o conçello reçebe de vos e dos vossos, de que vos peden señor por merçee que os desagravedes:

Primeiramente señor, das pinoras que os juises tomaron aos vesinos e moradores da villa que senpre pagaron connosco ennas tallas e peitos que entre nos aqeeçe, que les tomastes, et pedimos vos señor que llas entregedes. A esto respondemos que teemos sentenças entre nos e vos dos señores reys que os nossos panigoados e escusados e que moraren con nosco que non paguen ennas vossas tallas, et carta de nosso señor el rey don Affonso que agora he, en que declara que aynda que tomen cassas enna villa e vaan y morar que non pagen convosco, et se sobresto lles alguna pinora teendes feyta que lla entregedes, senon que nos que vola posamos tomar. Et assy o husamos ata aqui.

Item os moordomos que andan por vos e polo cabidoo d’Ourense enna dita villa toman aos moradores da villa os penores por portaien e por sobraria, non avendo por que pagar mais de huna dellas, segundo que senpre os moordomos husaron a levar e segundo que se conten enna sentença que sobrelo foy dada ontre o bispo don Gonçalvo que foy vosso anteçesor e o cabidoo e o conçello. A esto respondemos, se de que entra dia de San Johan ata o outro dia de San Johan que se fas hun anno se penoran algun morador d’Ourense por sobraria e por portaien, disemos que fasen mal, et disemos que nos digades a quen o feseran e faserllo emos correger.

Os moordomos que entran ennas casas dos vesinos e moradores da villa que non an fumagen et derribanlle as portas e tomanlle os penores por ella por força e non lle queren reçeber fiador por dereito. Respondemos que en toda a çidade d’Ourense non á casa que non deva a pagar a fumagen, salvo se son as casas do cabidoo, et assi non avemos por que vos tomar fiadores para nos llo meterdes a pleito.

Os vossos moordomos dos vossos coutos toman e penoran aos que moran ennos casares e lugares dos omes do conçello por serviço e por gallinas et affincanos que vaan aos seus lavores, non avendo por que o faser e estando sobrelo livrado por carta del rey que vos sobrelo mostraremos.

Item que toman de mais enno tenpo da vendimia dos moradores da villa quando an de vendimyar as viñas des diñeiros de cada dia por jantar e non queren con elles comer segundo que deven. Respondemos que se os nossos mayordomos pinoran por mais que o nosso foro e serviço que foy acustumado de pagar enno tenpo dos outros obispos que foron ante que nos ata aqui, que fasen mal, e disidenos a quen o fasen e nos faserlloemos correger. Et esto mismo respondemos ao dos lavores, et se disedes que sobresto teendes carta de nosso señor el rey, nos nunca a vimos, et se a teendes he gaañada calada a verdade, que vos non contastes a nosso señor o f eito en commo era.

Et ao que disedes que toman aos moradores da villa en tenpo da vendimia dez diñeiros por jantar, respondemos que de foro e de custume foy senpre de lles daren de comer cada dia e soyanse av(iir) con elles, e por que se agraveavan con elles que lles tomavan os moordomos moytos diñeiros foy querellado ao bispo don Vaasco e mandou que ou lle dessen de comer ao moordomo ou lle dessen dez diñeiros, et sobresto ha y sentençia e teendella vos e assi se hussa.

Os vossos omes e vosos moordomos non queren dar çestos para tomar vosa parte da novidade das viñas e toman os çestos alleos. A esto que disedes dos çestos disemos que commo se senpre husou con os outros bispos ata aqui assi se huse daqui deante. Et se vos desto agravardes, mostrade as cartas dos foros et agoardarvollas emos.

Os vossos moordomos non queren tomar os capoens que nos an a dar das suas herdades e penorannos por dous mrs. de cada capon. A esto disemos dos capoens, respondemos que nos amostredes as cartas dos foros e commo elas diseren assy vollas goardaremos.

Señor, os vosos asemelleiros e das pesoas e coengos da vosa igleia cortan as arvores que dan froyto aos do conçello, et por esta rason vos nen vossos moordomos non queredes leixar daquello que a froyta valia enno tenpo que as arvores estavan saans. A esto respondemos que nossos e do cabidoo non ay viinte asemelleiros que tragan leña et que á enna villa entre bestas grandes e asnares çen bestas que traien leña e he mal, et assy disemos que na (ora) presente dades esta querella et que nos poeremos y aquel recado que virmos que conpre para nos e para vos.

Os vosos omes non queren dar çestos para coller vosa parte da novidade das herdades do foro que teen os do conçello. A esto respondemos que commo senpre foy husado pollos outros obispos ata aqui que asi se huse daqui adeante, et asy vos seia gardado.

Os vossos vigarios que dan sentenças taixanas en moyto mais que non valen por que levan a meatade dellas. Item et fasen a eysecuçon das sentenças e non queren que as façan os vosos moordomos segundo que senpre foy acustumado et segundo se conten enna dita sentença. A esto respondemos que he mal se assi he, et quando esto aqueesçer a alguuns, disemos que nos lo veñan diser e faserlloemos correger. Et ao que disedes que elles fasen eysecuçon pollos seus omes e que o non leixan faser aos nosos moordomos, achamos que assi he acustumado et mandamos que en esto que se garde segundo que he acustumado.

Os vossos moordomos que collen a vosa parte da novidade que avedes daver enno tenpo da vendimia das herdades que son vosas foreiras fasenos levar por nossa custa as uvas brancas ao voso lagar, a qual cousa nunca foy acustumada senon ora novamente. A esto respondemos que nos amostredes as cartas do foro e faservollas emos gardar en todo commo en ellas fora contiudo.

Señor, os vosos asemeleiros van aas nosas casas que nos teemos ennos vosos coutos e britan as portas e tragen a palla e cangos e lena e madeyra que y teemos e a madeira dos lagares. A esto respondemos que se nos non enviarmos porla palla aos nossos coutos que senpre foy acustumado de enviaren pola palla non avemos por que enviar por ella ao alffos d’Allaris nen de Millmanda nen aos outros lugares que non son nossos. Et ao que disedes que britan os nossos lagares e toman ende os cangos e a lena e madeyra, esto disemos que he mal et disemos que quando vollo algen feser que veñades a nos e vollo faremos correger.

Outrossi señor, Bertolameu Peres voso vigario deu sua carta descumuyon contra os notarios da villa d’Ourense que non façan testamentos nen cartas de vendas avendo elles senpre acustumado de as faseren e seendo lle mandado por carta de noso señor el rey, et por esta rason reçebemos grande agraveo e e poderianos por ello seguir gran perda e gran danno e segue de cada \dia/ se assy passase, en maneira que alguun poderia por ello morer sen testamento. A esto respondemos que segundo que senpre foy acustumado ata aqui que assi se huse daqui adeante.

Et do escripto que vos os ditos procuradores do conçello ante nos fesestes leer e desta resposta que vos a ello damos, pedimos a este notario que nos dé todo hun publico instormento. O qual escripto de resposta liudo, os ditos Johan Ares e Gonçalvo Peres e Pero Eanes procuradores sobre ditos en nome do conçello, cuios procuradores son, pediron o trallado do dito escripto de resposta e disseron que en outro dia, sesta feyra, darian a ello resposta. Esto foy en Ourense enno dia e era sobre ditos. Testimunyas que a esto presentes foron don Pero Suares dean d’Ourense, Pero Eanes mestrescolla, Gonçalvo Peres, Lourenço Eanes, Johan Gonçalves coengos desse lugar, Gonçalvo Fernandes dito Furon, Johan Domingues castelleiro, Johan Fernandes notario e Ruy Dias camareiro do dito señor obispo, moradores en Ourense.

Et eu Gonçalvo Eanes notario sobredito que a esto que sobre dito é presente foy e en miña presença o fiz escripvyr e meu nome e meu signal y fiz en testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)

Materias

adiantado; alcume; alfoz; árbore; arquivo; arrieiro; avinza; besta; bispado; bispo; cabaleiro; cabido; cámara bispal; camareiro; canon foral; capón; casas; casteleiro; cesto; cóengo; comida; concello; couto; deán; delito; dignidades; diñeiros; eira; escudeiro; excomuñón; executoria; familiar; festa; fianza; fidalgo; fisco; froita; froita; froiteira; fumádega; galiña; gando; labores; lagar; lei; leña; madeira; malfeitor; mandamento; marabedí; meiriño; mercador; mesa bispal; mesa bispal; mesa capitular; mestrescola; mordomo; notaría; papel; pazo; peaxe; pedidos; pena; pena; porta; portádego; preito; prenda; prezo; procurador; protesta; provisor; publicación; querela; rei; requirimento; rexedor; selo; señor; sentenza; servizos; testamento; transporte; traslado; tributos; vasalo; veciñanza; venda; vendima; vigairo; viño; violencia; xantar; xuíz; xuíz; xurisdición; notario

Persoas

Afonso González; Afonso XI, rei de León e Castela; Álvaro Pérez de Biedma, bispo de Ourense; Bartolomeu Pérez, mestrescola de Mondoñedo e cóengo de Ourense; Diego Pérez; García Díaz; Gonzalo Daza e Osorio, bispo de Ourense; Gonzalo Fernández, dito Furón; Gonzalo Pérez de Novoa, bispo de Ourense; Gonzalo Pérez do Mato, xuíz de Ourense; Gonzalo Pérez, cóengo de Ourense; Juan Gutiérrez, escribán do rei; Lourenzo Domínguez, procurador do concello de Ourense; Lourenzo Eáns, cóengo de Ourense; Lourenzo Pérez, mercador; Martiño Pérez Xestosa, mercador; Martiño Pérez, procurador do concello de Ourense; Pedro Domínguez, mercador; Pedro Eáns, mestrescola de Ourense; Pedro Eáns, rexedor de Ourense; Pedro Suárez Mariño, deán de Ourense; Roi Díaz, camareiro do bispo de Ourense; Roi Pérez, mercador; Vasco Pérez Mariño, bispo de Ourense; Xoán Domínguez, casteleiro; Xoán Eáns, xuíz de Ourense; Xoán Fernández, notario; Xoán González, cóengo de Ourense; Gonzalo Eáns, notario

Outros

Ourense, cabido; Castela, reino; Galicia, reino; Mondoñedo, cabido; Ourense, concello; Ourense, bispado