GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

215
1333, xuño, 17
venda

Pedro Martínez, morador na rúa da Aira do Bispo, véndelles a Pedro Iáñez, pixoteiro, e á súa muller, Dominga Iáñez, tres leira de viña en Seixalbo, foreira de cuarta ao bispo, por 100 mrs.

ACOu, Escrituras XIII, 33

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos esta carta viren que eu Pero Martines çapateiro morador en Ourense enna rua da Ayra do Bispo e Thereyia Miguez sua moller, por nos e por todas nossas vozes vendemos e entregamos logo por esta carta a vos Pero Eanes pixoteiro morador en Ourense enna rua da Pixotaria e a Dominga Yanes vossa moller e a toda vosa vos para senpre tres leyra[s] de vina que nos avemos en termio de Seyxalvo enno lugar que chaman Fonte Canada, e huna delas da huna parte iaz entre leyra de Aldonça Affonso moradeira en Ourense enna rua da Fonteyna e da outra a de Martin Fernandes fillo de Martin Burla e en fondo fer enna leyra de Ares Peres que foy castelleiro e en çima fer enno camino publico que vay de Seyxalvo para (Ventrazes). Iten a outra leyra ias entre duas leyras da dita Aldonça Affonso e en fondo fer enna do dito Martin Fernandes e en çima entesta enno dito camino. Iten a outra leyra iaz entre duas leyas da dita Aldonça Afonso e en cima entesta enna vina do dito Martin Fernandes e en fondo fer enna de Fernan Migues notario do castello. Vendemos a vos as ditas tres leiras de vina con suas entradas e seidas con todos seus dereitos e perteenças de foro de quarta ao bispo d’Ourense e dezemo a deus e livres e quites de todo outro enbargo assy que vos e toda vossa vos as aidades e pessuyades daqui endeante en jur de herdade para senpre e facades dellas livremente o que vos aprouver, ca outorgamos que recebemos de vos ben e conpridamente todo preço que a nos e a vos por ellas aprouvo de dar, conven a saber çem mor. de diñeiros brancos da moeda de nosso señor el rey dom Affonso de que contan xvi pares de diñeiros novos por tres mor. dos quaes nos logo outorgamos por ben pagados, os quaes de vos reçebemos en presença do notario e testemunyas adeante escriptas. Et todo jur, senorio, possisson, propiedade, dereito, vos e auçon que nos avemos ennas ditas leyras de vina todo o tollemos de nos e de toda nossa vos e poemoslo en vos e en toda vossa vos para senpre. Et obligamos todos nossos beens gaanados e por gaañar para anparar vos e toda vossa vos senpre a dereito con esta vendiçon. Et quen quer que contra esta carta quiser passar aia a yra de deus e a nossa maldiçon e peyte a vos ou vossa vos por nome de pena o preco dobrado e aa vos del rey peyte de pena lª mor. e esta carta e venda fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, dez e sete dias de junyo, era de mill e trezentos e seteenta e huun anno. Testemunyas Affonso Domingues dito Virgo, Martin de Montes pixoteiros, Johan Lourenço carniçeiro, Martin Esteves de Vatironde boffon, Pero d’Alvan piliteiro.

Et eu Johan Eanes notario publico por nosso señor el rey en Ourense en lugar de Vaasco Peres da camara do dito señor e seu notario publico da dita villa a esto presente foy e esta carta en miña presença fige escrivir e puge y meu signal en testemunyo de verdade.

(sinal)

[reverso] Carta da conpra de una viña da Fonte Canada.