GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

416
1381, marzo, 1 (Copia feita o 16 de maio de 1394).
testamento

Testamento de Afonso Viviáez.

ACOu, Escrituras I, 8

Enno nomme de deus amen. Sabean quantos este testamento viren commo eu Affonsso Vivyaas morador en Ourense na rua Nova, omme de Roy de Montes, jasendo doente enno meu corpo de doença natural pero saao enna voontade, temendo deus e morte que he cousa natural por que todos los omes do mundo am de pasar et por tal que despois de miña morte non veña contenda entre alguuns sobre meus beens, por ende faço et ordeno de min et deles meu testamento et miña pustromeyra voontade valedeyro para senpre en esta maneyra: Primeyramente mando a miña alma ao meu señor Ihesu Cristo que a conprou porlo seu santo sangue justo preçioso et rogo aa virgen santa Maria sua madre et a todos los santos et santas da corte do çeo que lle rogen por min que me perdoe os pecados que teño feitos contra a sua voontade. Iten mando enterrar meu corpo enna costra de Sam Martyño su a tanpaa que jaz su o moymento hu jaz Gonçalvo Vivyaaz meu padre. Iten mando que leven comigo en oferta quando me levaren aa igleia tres mor. en pan et en viño. Iten mando que queymen en miña sopultura çinqo livras de çera. Iten mando que me terçen ao terçer dia que eu for enterrado et mando para el viinte mor. Iten mando que digan por miña alma o dia que me enterraren dez mynsas de sobre altar et que rezen por miña alma tres salteyros. Iten mando a Vaasco Sabadelle meu yrmaao duas varas de viado ou de valançiana para huna saya, et que a mays de meus beens non se tenda. Iten mando a Esteveyña miña moller moradeyra en Melees o meu çerame do viado que eu trago et huna pel nova. Iten mando a Roy de Montes juys d’Ourense con que eu vivo as viinte livras que me avya de dar cada anno de foro para senpre das casas que estan en Ourense na rua Nova en que el mora que de min ten aforadas, et todo o foro et dereyto que ey ey nas ditas casas, et o qual foro et dereito quero e mando que o aja o dito Roy de Montes el e toda sua voz para senpre por condiçon que o dito Roy de Montes e toda sua vos page por elo cada anno enno tenpo da Qoreesma para o lume das lanpaas que estan ante os altares de Sam Martyño e de Santa Oufemea hun asunbre dazeyte por la miña alma e do dito meu padre et daqueles a que eu soon tiudo. Iten mando para o lume das lanpaas da igleia de Santa Maria de Reça medio açunbre dazeyte. Iten mando para o lume das lanpaas da igleia de Santa Maria a Madre medio açunbre daseyte. Iten mando ao cabidoo da igleia d’Ourense para senpre o foro que eu ey daver porlas casas que estam en Ourense na rua dos Arçidiagos que de min ten Afonso Ougea afforadas, por condyçon que eles que me façan onra en miña sopultura et que me façan tanger os sygnos et que façan e digan cada anno daqui endeante para senpre en outro dia de dia de Sam Martiño huun aniversario por miña alma e do dito Gonçalvo Vivyaaz meu padre cujas foron as ditas casas. Iten mando para conprir este meu testamento et para pagar as miñas devedas et mandas que se venda aquelo que eu ey enno couto de Pena et enna friigesya de Santa Maria de Sobrado. Iten mando aos clerigos que foren a me faser onra sobre la cova seis mor. Et faço herees en todos los outros meus beens movyles e rayses que eu ey et que non ey mandados ao dito Roy de Montes et a Martin de Montes coengo d’Ourense seu yrmaao meus parentes. Et faço conpridor e exsecutor deste dito meu testamento et miña postromeyra voontade ao dito Roy de Montes, que o cunpra porlos meus beens et sen seu dapno. Et este dou e outorgo por meu testamento et por miña pustromeyra voontade valedeyra para senpre, et se non valer commo testamento mando que valla commo codiçilo ou commo outra escriptura publica feita por notario publico ou outentyca, et se outro testamento ou testamentos, codiçilo ou codyçilos, manda ou mandas ey feitas ante deste, revocoos e doos por nihuuns et quero et outorgo que non valan nen ajan firmedue en alguun tenpo, salvo este dito meu testamento que agora faço et outorgo por Gonçalvo Peres notario d’Ourense que dou e outorgo por meu testamento e por miña postromeyra voontade valedeyro para senpre. Et quen quer da miña parte ou da estraya que contra este meu testamento et miña postrumeira voontade quiser pasar aja a yra de deus et a miña maldiçon et peite por ende a meus herees e conpridores por nomme de pena e de interese quanto demandar dobrado, et se lle alguna cousa en este testamento ey mandado quero et outorgo que o perca et que o non aja et que o ajan os ditos meus herees e conpridores, et este dito meu testamento fique firme et valla para senpre. Feito o testamento en Ourense ennas casas en que mora o dito Roy de Montes o primeyro dia do mes de março, era de mill e quatroçentos e des et nove annos. Testimuyas Gomez Barallete clerigo e Garçia Gonçalves e Fernan Soelleiro et Gonçalvo Estevees omme de Gonçalvo Anes et Johan Martines alfayate e Johan de Riqueyxo et Pedro, omes do dito Roy de Montes moradores en Ourense e outros.

Et eu Martin Gonçalvez publico notario d’Ourense por la ygleia desse lugar, dado de don Diego por la graça de deus o bispo d’Ourense para as notas e cartas e proçessos e escripturas que passaron por Gonçalvo Peres da Fonteyña que foy notario d’Ourense em publica forma tornar, esta carta de testamento saquey da nota e registro do dito Gonçalvo Peres segundo a forma e entençom da dita nota e em miña presença a fiz escripvyr a pedimento do dito Roy de Montes|tes| contiudo no dito testamento et meu nome e meu signal aqui fiz em testimonyo de verdade. Que foy feito en Ourense, dez e seis dias do mes de mayo, anno do naçemento de nostro salvador Jhesu Cristo mill e trezentos e noveenta e quatro annos. Testimoyas que viron a dita nota onde este testamento foy sacado Affonso Guyça e Gonçalvo Fernandez e Nuno Gonçalvez notarios d’Ourense. Et estava escripto eno fin da dita nota e resistro por mao do dito Gonçalvo estas devedas que se adeante seguen: Estas son as devedas que a min o dito Afonso Vivyaaz deven. Iten me deve Martin Gonçalvez notario d’Ourense çento e viinte et çinqo livras do foro das casas da rua dos Arçidiagos que de min tevo Anton Sanchez que foy morador en Ourense aforadas por viinte et çinqo livras cada anno, et som os çinqo annos seguentes que se fignou o dito Anton Sanches. Iten me deve Duran Peres de Sobrado viinte quartas de viño de lagar do foro das viñas que de min ten afforadas de dous annos pasados, dez quartas de cada anno.

Eu Martin Gonçalvez notario.

(sinal)

[reverso] Testamento de Affonso Vivyaes.