GMH/ÍNDICE A-Z

59

s/d

Costanza Pérez de Macenda, veciña de Ourense, afora a perpetuidade a Xoán González unha leira de viña na Cuíña, da que fará foro de quinta ao Cabido e a ela 5 mrs. (fol. 19-19v)

Carta de Joan Gonçalves, pagadas VI brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Costança Maçeenda, vesiña e moradeira enna çidade d’Ourense, dou e outorgo aforo a vos Joan Gonçalves que sondes presente, vesiño da dita çidade et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huna leira de viña que jaz enno chaao da Cuyna e parte de huna das partes con viña de Garçia Giaao e da outra parte con viña de Afonso Silvaa, en baixo topa en viña de Fernando Yanes cestelleiro; aforovos a dita viña con todas suas entradas etç. por tal condiçon que a labredes et paredes ben e façades foro de quinta ao cabiidoo da igleia d’Ourense, a qual novidade ( fol. 19)
colleredes por ollo do mayordomo do dito cabiidoo et daredes mays vos e vosas voses a min et a miñas voses en paz et en salvo en cada hun anno por las ben feytorias que eu e miñas fige enna dita leira de viña çinqo mrs. de dños. brancos de dez dños. o mr. et do al de disemo a deus, os quaes avedes de dar de cada anno por día de San Martiño e do al de disemo a deus livre et quite de todo outro trebuto, çenso e encarrego alguun etç. e se quiserdes vender, deytar ou supinorar que primeiramente frontedes con ela a min et a miñas voses para que a aja porlo justo preço etç. et obrigo todos meus beens e os beens do dito cabido para vosla faser saa e de paz e vos defender con ela a dereito, et eu o dito Joan Gonçalves, obrigo meus beens de faser o dito foro de quinta ao dito cabido e a vos en paz et en salvo os ditos çinqo mrs. etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Joan Çereyjo, Estevo Yanes, Joan Louçaao, moradores en Seixalvo, Rodrigo Lourenço de Piñor e Gonçalvo do Porton.