GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Minutario notarial de Pontevedra

92
1433, decembro, 23

Gonçalvo das Viñas e a súa muller Maria Fernandes, moradores en Santa Maria de Paradela, declaran que deben a Catalina Gonçalves, moradora en Pontevedra, 1.000 mrs.

(ff. 43-43 v)

Este dia. Sabean todos que eu, Gonçalvo das Viñas et mĩa moller Maria Fernandes, moradores ẽno lugar que disen Ponpean que he ẽna frigesia de de Santa Maria de Paradela, que somos presentes, outorgamos et conosçemos que devemos et avemos de dar et pagar a vos Gatalina Gonçales, morador ẽna villa de Pontevedra, moller que fostes de Fernando Duran, escripvano, que sodes presente, mill et sasenta mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos mill et sasenta mrs. da dita moeda nos de vos resçebimos en esta guisa: oytoçenteos mrs. // da dita moeda que devia oa dito voso marido et a vos et dusentos mrs. que eu, o dito Gonçalvo das Viñas, de vos a dita Catalina Gonçales resçebi despois finamento do dito voso marido, et, eso mesmo, eu a dita Maria Fernandes sesenta mrs., que son asi os ditos mill et sasenta mrs. da dita moeda, dos quaes nos outorgamos por entregos et pagos a toda nosa voontade ben et conpridamente et sen mingoa algũa, et renunçiamos a ley de non numerata pecunia et a toda outra enxençon et ley et dereito que nunca ende digamos o contrario en juiso nen fora del, et seo diseremos queremos et outorgamos que nos non valla, et os quaes mill et sasenta mrs. da digta moeda prometemos et outorgamos de dar et pagar a vos, a dita Catalina Gonçales, ou a quen voso poder ouver, en toda a nosa novidade de viño ullao que nos Deus der en nosas viñas en estes dous anos primeiros que veen, mosto aa dorna boo et merchante, tal que seja de dar et de tomar de mercador a mercador, como enton valuer aa dorna, ou en dineiros, qual vos a dita Catalina Gonçales ante quiserdes; para o qual todo asi teer et conprir et pagar, obligamos a elo a nos meesmos et a todos nosos bẽes asi movles como reises, os que oje este dia avemos et ouveremos de aqui endeante, et so pena do doblo da dita contia que outorgamos de vos dar et pagar da pena en nome de intese seo asi non tevermos et conpriremos et contra elo vieremos, et ante nos obligamos de vos dar et pagar a pena se en ela caermos que o prinçipal, et despoys pagar o prinçipal et pena todo enteiramente; et, a pena pagada ou non, esto como dito he este firme en sua revor. Et eu, a dita Catalina Gonçales, que soo presente, asi o resçebo. Testemoyas que foron presenes: Pero Lourenço do Berron, mareante, et Pero de Fornelos, pedreiro, Garçia Gonçales, prateiro, Juan Garçia, Afonso Yanes, pintores, Domingo Vidal, carpenteiro, moradores ẽna dita villa de Pontevedra, et outros.

Feita.