GMH/ÍNDICE A-Z

537
1435decembro, 28

Lourenzo Pérez, morador en Seixalbo, subafora a perpetuidade a María Domínguez, moradora en Pereiras, unha leira de viña de sete cavaduras, sita en Seixalbo, que xa antes aforara ao seu marido, pero da que non tiña o contrato, por quinta ao Cabido. (fol. 168-168v)

Ihesus.

Feita e dada. Anno domini Mº CCCCº XXX Vº annos.

Anno do nacemento do noso señor Ihesu Cristo de mill et quatroçentos et triinta et q çinqo annos, viinte et oyto dias do mes de desenbro, sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Lourenço Peres, morador enna aldea de Seixalvo, por min e en nome de miña moller Eynes Peres que non he presente, por la qual obrigo meus beens etç. que ela aja por firme esto que se sige, dou et outorgo, aforo a vos Gonçalvo Peres que \que non/ sondes presentes et a vosa moller Maria Domingues que non he presente, moradores enna aldea de Pereyras e a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huna leyra de viña que seran ata sete cabaduras pouco mays ou menos et jazen açerqa da aldea de Seixalvo, no lugar onde chaman Riaçoon et parte con viña de Tereija da Franqeira e da outra parte con viña de Joan de Carbaliços et en fondo fere enno rigeiro et en çima encabeça en viña de Afonso Anes da Carbaleyra \+/ a qual dita leyra de viña eu aforey et tiña ja dante aforada ao dito Gonçalvo Peres voso marido e a vos ante que el pasase deste mundo, et el e vos a chantastes e fesestes de viña et por quanto el ante que pasase deste mundo non sacou a carta dela nen tina el nen vos dela feita \carta/ por ende faço vosla agora de presente, a qual dita leyra de viña vos aforo con todas suas entradas etç. por tal condiçon que a labredes e paredes ben de

+ a qual dita leyra de viña (...) vos aforo por quanto a eu tiña aforada do cabiidoo da igleia (...) por condiçon que a labrase e parase ben e chantase de viña (...) que a dese a lavradores que a chantasen e a lavrasen e fesesen (...) ao dito cabido. (fol. 168)

todos los lavores que lle conpriren e foren neçesarios etç. e façades foro de quinta vos e vosas voses ao cabido da igleia d’Ourense, segundo que eu soon tiundo e obrigado, a qual novidade colleredes por olo do mayordomo do dito cabido, ao qual proveeredes de comer et de beber en quanto collerdes a dita novidade et do al de disemo a deus, et se quiserdes vender que frontedes ao dito cabido et obrigo os beens do dito cabiidoo que a min son obrigados etç. Et eu a dita Maria Domingues, por min e por lo dito meu marido et por todas nosas voses, asy o outorgo et reçebo en min aforada a dita leyra de viña de vos o dito Lourenço Peres etç. et obrigo meus beens de faser o dito foro de quinta ao dito cabido etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Ares de Sanín vesiño d’Ourense, Rodrigo escripvan, Joan Tanquino de Çebolino, Estevo Anes de Seixalvo e Lourenço Peres de Seixalvo.