GMH/ÍNDICE A-Z

440
1434outubro, 7
Afonso Anes, morador en Castro, xunto co seu fillo Pedro, perdoa “enno amor de deus” a Lopo Ares, morador en Alongos, a morte doutro fillo seu, Gonzalo Afonso, renunciando a toda acusación. (fol. 133)
Et despois desto, quinta feira, sete dias do mes de oytubro, Afonso Anes morador en Castro et seu fillo Pero perdoaran enno amor de deus a Lopo Ares, morador en Alongos, a morte de seu fillo Gonçalvo Afonso, que o dito Lopo Ares avya morto, a qual morte lle perdoavan enno amor de deus et para aqui e por ante deus, et que prometian de nonca del querellar nen no acusar nen dar del querela et se querela ou acusaçon alguna avyan dado, que a davan por nehuna etç. et que prometian a boa fe et sen maao enganno de o teer asy etç. Tests. Martin Fernandes et Joan de Vilalva et Afonso criado de Yuda Peres.