GMH/ÍNDICE A-Z

92
1309, decembro, 18. Lugo
Cláusula testamentaria do escudeiro Pedro Suárez.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 52r.

Era et dia sobreditos. Sabean quantos esta carta virem commo eu Affonso Perez, notario publico de Lugo, vy et lei un testamento de Pedro Suarez de Sonar, escudeyro, que fuy, feyto per Iohan Domingues, notario de Lugo, et signalado con seu signal segundo se en el continna, enno qual se continna entre las outras cousas que este Pedro Suarez fezera manda a a eglesia de Lugo en esta maneira: «item mando quanta herdade perven a os casares de Peyteiros que eu y ey, sacada a de mina madre, que a tenna Pedro Peláez meu sobrino et seu fillo Iohan Perez en todos seus dias d'anbos, et que den por ella cada anno çinquoaenta soldos por meu aniversario, et que me façan os coygos cada anno aniversario por elles en vespera de San Miguel de vindemias. Et estes sobreditos, Pedro Peláez et Iohan Perez, que non possam vender nen alear aquellas herdades, et a seu pasamento d'anbos mando que fiquen livres et quitas a a yglesia de Lugo por mina alma. Item mando o meu casal de Paaços con todas suas perteenças quantas perteeçen a esse casal que non ande y do casal de Peyteiros a Aras Perez meu sobrino et a seu fillo Iohan Aras en todos seus dias d'anbos, per tal condiçon que o non possam vender nen alear, et que den cada anno a o cabidoo de Lugo Lª soldos por meu aniversario, et os coygos que me façan este aniversario cada anno en outro dia de Sayoanne Bautista, et a seu pasamento d'estes anbos, Aras Perez et Iohan Aras, que fique o casar livre et quito a a yglesia de Lugo et que me façam senpre este aniversario. Item mando da mina herdade de Sonarino qu'e unna sesta que eu y aio mays ca elles, permeoles aquella sesta a fillos de Pay Dominguez. Item mando toda a outra herdade que eu y aio con todas suas melorias que seian dessa herdade et con la casa que eu comprey de Ysidro Rodriguez en que elle non han, mando a a yglesia de Lugo sub tal condiçon que este Pedro Peláez sobredito que a tenna en todos seus dias, et a non posa vender nen enalear, et en todos seus dias que de cada anno por meu aniversario que se comprira cada anno, Lª soldos con tres soldos que y avia d'aniversario, et que me façan os coygos cada anno por elles aniversario en outro dia de Santa Maria de março.

Presentes foron et son testigos que viron escripvir estas cousas sobreditas enno dito testamento de Pedro Suarez: don Iohan Eanes, thesoreyro de Lugo; Afonso Perez, capellam do coro de Lugo; Gonçalvo Martinez, clerigo de Boente; Affonso Nicholaez, Pedro Lopez, porteyro, et outros.

Eu Affonso Perez, notario sobredito. estas cousas sobreditas que se aquí conteen trasladey do testamento do dito Pedro Suarez a rogo do cabidoo de Lugo en este seu livro, et puge y meu signal en testemoyo de verdade.

SIGNO