GMH/ÍNDICE A-Z

254
1329, outubro, 2. Lugo
O Cabido dóalles a Xoán Fernández e á súa muller medio soar na rúa lucense do Carballal e recibe a cambio propiedades en Santiago de Meilán.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 67r.

Era de mill et CCC LXVII annos, dous dias d’outubre. Sabeam quantos esta carta viren commo nos o dayan et cabidoo da iglesia de Lugo, da huna parte, et eu Johan Ferrnandes, pedreiro da obra dessa iglesia con Tereyia Peres mina moller, da outra, fasemos entre nos tal escambea valledeyra por senpre. Conven a saber que nos dayan et cabidoo damos et outorgamos a vos, Johan Ferrnandes et a vossa moller Tereyia Peres, para senpre por jur de herdade, a meatade d’un formal de huna casa que he na çibdade de Lugo ena rua do Carvallar sub a capela de San Marco, con todas suas pertenenças et dereyturas; do qual formal a outra meatade he de Pedro Savaschaes, lavrador, da porta de San Pedro et de seus fillos; et ias da huna parte a casa de Lopo Rodrigues, que foy do Carvallar, et da outra casa que he de vos o dito Iohan Ferrnandes. Et eu, Iohan Ferrnandes con mina muller Tereyia Peres, damos et outorgamos a vos, dayan et cabidoo sobredito, para senpre por iur de herdade o nosso herdamento et vos que avemos en Castro et en Meyllay peru quer que vaa, a monte et a fonte, no casal que foy de Pay Suares, sub signo de Santiago de Meylay; a qual herdade a nos perteeçe por Maria Domingues, madre de min Tereyia Peres sobredita; et vos avemos a perffaser d’una mea oytava semente de herdade a cada mao et mays se o avemos en esta vos deste casal de Pay Suares sobredito. Et cada hun de nos as partes prometemos et obligamos a faser senpre de pas estas cousas sobreditas de que fasemos esta escanbea commo sobredito he por todos nossos bees. Et que esto seia çerto et non venna en dulta rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que faça faser desto duas cartas en hun tenor, et ponna en cada huna delas seu nome et seu signal en testemoyo de verdade.

Testemoyas que presentes foron: don Fernando Aras, dayan; don Pedro Ruys, juys; don Diego Ferrnandes, archidiacono de Dezon; Ares Pellaes, Andres Peres, Alvar Ferrnandes, coengos de Lugo; Fernando Ares, clerigo do coro et procurador dos aniverssarios, et outros.

Et eu Fernan Peres, notario publico de Lugo, chamado et rogado presente foy a esto commo dito he, et esta carta fige scrivir et puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade. (+).