GMH/ÍNDICE A-Z

79

1418, abril, 15.
 Afonso Rodríguez, demandador, morador na cidade de Santiago, declara que en diante non entendía faser vesinança algua ena dita çidade nen gosar dos privillejos e libertades de que gozaban os veciños e pedía que en diante foran dispensados do pagamento de repartimentos.
O Concello ordena se paguen a Juan de Boado, crego, os 150 maravedís do salario por armar el relogio. Ó mesmo tempo mándase pagar 180 maravedís a Afonso Lurenço, crego, pola capela dos Reis de que era capelán. Este pagamento facíase sobre os marcos correspondentes ó Rei.
O Concello ordena dar a Martín García, porteiro do arcebispo 60 maravedís este ano, pola súa dilixencia cos veciños nas cousas que no seu oficio requería librar co prelado.

Esta feira, quinse dias do mes de abril, este dito dia seendo {os alcalles e algũos regidores da çidade de Santiago} ajuntados en consistorio enna notaria de min Rui Martines, notario, segundo que han de costume presentes ende, Martin Galos e Juan Ares de Caña, alcalles da dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Alvaro Afonso Juliate e Afonso Fernandes Abril, regidores jurados enna dita çidade24 e en presença de min o dito Rui Martines, notario e das testemoyas adeante escritas, paresçeu ende Afonso Rodriges, demandador, morador enna dita çidade e diso que por quanto el fasta aqui fora vesiño da dita çidade e pagara aquelo que lle fora repartido das rendas e tallas que enna dita çidade se colleran a derramaran, asi como cada hũu dos outros vesiños da dita çidade {e agora por algũas rasoes que o a elo movian} que el de aqui endeante non entendia faser vesindança algua enna dita çidade sen gosar dos previllejos e libertades de que gosavan os outros vesiños da dita çidade e por ende que en presença dos sobreditos se lançava e lançou de vesiñança a que protestava que se de aqui endeante en algunos maravedis fose repartido que non fose obligado de os pagare que se tornasen en fallas ao dito conçello. E de como o desia, que pedia a min o dito notario que lle dese delo testemoyo signado para sua garda.  //
(Fol. 40 vº)
E os ditos alcalles e regidores sobreditos diseron que se o dito Afonso Rodriges morase aqui endeante enna dita çidade que lle conviina de pagar aquelo en que fose repartido segundo que ata aqui pagara e segundo que pagavan os outros vesiños da dita çidade. Esto fui enna dita çidade enno sobredito lugar, dia, mes e anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Pero Leiteiro e Alvaro Gil, procuradores do conçello da dita çidade e Vasco Fernandes Troquo, vesiños da dita çidade.
Predito.- Os ditos alcalles e regidores mandaron a Pero Leiteiro e a Alvaro Gil, procuradores do dito conçello que presentes estavan que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdavan ou avian de recabdar que desen ende a Juan de Voado, clerigo çento e çinquoeenta moravedis contando blanqua a tres dineiros que o dito conçello lle devia e avia de dar por rason do selario quel avia de aver por armar o relogio. E o qual dito selario lle era devido este anno agora corrente que se fiinçera por lo mes de março primeiro que ven. Outrosi lles mandaron que pagasen a Afonso Lourenço, clerigo, por la capelania dos Reys de quel he capelan çento e oyteenta moravedis, contando branqua a tres dineiros, os quaes moravedis o dito Afonso Lourenço avia de aver este dito anno por rason da dita capelania senalladamente ennos moravedis dos marquos que noso señor el rey ha en cada hũu anno en esta dita çidade.
E diseron, que mandavan e mandaron a os ditos procuradores que quando pagasen os ditos moravedis e os sobreditos que tomasen de cada hũu deles carta de pago e que con elas e con este mandolles serian reçebidos en conta os ditos maravedis. Testemoyas que a esto foron presentes Gomes da Costa escudeiro de noso señor o arçobispo e Vasco Fernandes Troquo e Juan Duran e Alonso Rodriges, demandador vesiños da dita çidade.
Predito.- Os ditos alcalles e regidores mandaron aos ditos procuradores que desen a Martin Garçia, porteiro de noso señor o arçobispo seseenta moravedis, contando blanqua a tres dineiros que era sua voontade delle mandar dar este dito anno por quanto era deligente a quaesquer vesiños da dita çidade ennas cousas que a seu ofiçio requerian quando algũos negoçios avian de librar con o dito señor arçobispo e que mandavan que lles fosen reçebidos en conta os ditos maravedis posto que non tomasen delo carta de pago do dito Martin Garçia. Testemoyas, os sobreditos.
 
24 Borrado “de Santiago”.