GMH/ÍNDICE A-Z

1090
1451, setembro, 7 luns. Lugo

Ares Pérez dóalle ó Cabido de Lugo o quiñón dunha cortiña no Guimareu, dentro da cidade, recibindo a cambio o usufructo da mesma e o oficio de porteiro do Cabido.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 31 r.
   

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et hun anos, dia lunes, sete dias do mes de septembre. En a çiudade de Lugo en a iglesia cathedral de esse lugar, en o sobrado do thesouro da dita iglesia en cabidoo per son de campana tangida seendo juntados capitularmente as personas et canonigos da dita iglesia, segundo an de uso et de costume, constituido ende personalmente Ares Peres Cavalo en presençia de min notario et dos testigos a iuso escriptos o dito Ares Peres de seu propio motu et libre vontade por amor de Deus et por remedio de sua alma et de aquelles a que el era obligado de rogar a Deus por elles, et porque lle dessen ho offiçio de porteyro do cabidoo da dita iglesia, deu en dadiva et pura donaçon irrevocavel, segundo mellor pode valer de dereyto, a o cabidoo da dita iglesia para sempre por jur de herdade o seu quinon da cortina que el tina con sua muller, Lionor Garçia, en o Guimareu, que he dentro en esta çiudade de Lugo, et logo disso que quitava et amovia do jur et possisson et propiedade da dita cortina a si mesmo et a toda sua vos et a dava et deu et traspassou en o dito cabidoo. Et as ditas persoas et canonigos do dito cabidoo que siyan juntados capitularmente, segundo suso dito he, asi reçeberon logo para si et para seus suçessores a dita donaçon da dita cortina et possisson della segundo et en a maneyra que lles la fezo o dito Ares Peres, et por fazeren graçia et amor a o dito Ares Peres deronlle logo en prestamo, para aiuda de seu manteemento por en toda sua vida, todos los froytos et rendas que rendesse a dita cortina. Et o dito Ares Peres asi reçebeu a dita cortina et froytos et rendas della a dito cabidoo et en seu nome, et disso que se de aqui endeante usasse ou posseysse a dita cortina et levasse os froytos et rendas dellas que a posseya et levava os froytos et rendas dellas por et en nome do dito cabidoo, et non en outra maneyra alguna, et que prometia et prometeu de nunca yr, nen passar, contra esta dita donaçon en juyso, nen fora del, por si nen por outro, et se o tentasse faser, ou fezesse, que lle non valuesse, nen fosse sobre elo oydo. Et para o mellor teer, complir et gardar renuçioo todas las lees, foros et dereytos canonicos et çeviis que podesse alegar contra esta dita donaçon, que lle non valuessen, nen se podesse dellas sucurrer, et en espeçial renunçiou a lee et dereyto que dis que general renunçiaçion non valla porque disso que era della çertificado.

Et logo en esta hora et capitulo os ditos personas et canonigos da dita iglesia, que presentes eran, fasentes capitulo et capitularmente juntados, segundo dito he, por si et por los outros do dito cabidoo absentes disseron que elles veendo a boa voontade do dito Ares Peres et sua devoçon por lo remunerar çerca da dita donaçon que lles fasia et porque ouvesse onrra et sustentamento para sua vida que lle davan et deron ho offiçio de porteyro do dito cabidoo con todas las rendas et emolumentos a o dito offiçio de porteyro perteesçentes et perteesçer deventes en qualquer maneyra et por qualquer rason, et o reçebian et reçeberon logo por seu porteyro por toda sua vida. En testemoyo do qual as ditas partes outorgaron por min infrascripto notario et mandaron faser publico instromento o mays çerto que se podesse notar en dereyto et o desse a cada huna das ditas partes signado de meu signo.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Ruy Lopes de Neyra, Gonçalvo Peres de Carvallido de Sarrea, Diego de Cordido de Triacastella, arçedianos; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Johan Vidal, Johan Ares, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, coengos; Rodrigo Afonso, et Johan de Neyra, raçoeyros; et Ruy de Teyxeyro, clerigo do choro da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et este instromento de donaçon por mina mao propia escrivi et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido. Non enpeesca onde vay escripto entre rengloes que dis se, que non foy vicio mays error de escrivan et eu o dito notario ho aprovo.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.