GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

549
1349, decembro, 11. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle poder ao xuíz don Vasco Díaz para que nomee unha persoa no foro do casal de Salgueiros.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 66v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o cabidoo de Lugo seendo juntados en cabidoo por campaya taniuda no coro desa iglesia et con outorgamento de Iohan Ferrnades, coengo, et vigario de don Diego Ferrnandes, dayam, et de don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea, amiistrador do mes de janeyro, damos poder a vos don Vaasco Dias, juys de Lugo, que vos posades nomear en vosa vida, quando quiserdes, huna persoa en que fique o vervo do casal de Salgueiros a pus vosa morte, enno qual cassal don Alvar Dias, arçidiago de Neyra que fuy, vos a vos nomeou por pesoa, et que o tenades vos et a dita pesoa segundo que o o dito arçidiago tinna, dando cada anno del en salvo çen soldos, segundo que ata aqui del acustumaron a dar, a meatade del a o amiistrador do mes de janeyro, et a meatade a o amiistrador do mes de outobre; a qual amiistraçon do mes de outobre agora esta en nos lo cabidoo por quanto Affonso Peres Janeyro, que a tinna arrendada, se partio dela.

Et eu, o dito juys et a dita persoa, avemos a faser las casas do dito casal et manteelas feytas et leyxarmos no dito casal para pobrança del hun boy et huna vaca, et V roxelos et huna porca, en guissa que fiquen no dito lugar a finamento da dita persoa. Et para o asy comprir obligo meus (sic). Et que esto seia çerto nos, las partes sobreditas, rogamos a Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, que feçese ende esta carta.

Que fuy feyta no dito lugar XI dias de desembre, era de mill et CCC LXXXª et sete annos.

Et foron presentes et testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Vaasco Dias, juys; don Lopo Domingues, thesoreyro; Johan Dias, Johan Ferrnandes, Thomas Gomes, coengos de Lugo, et Affonso Peres Janeyro, clerigo ts., et outros.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito, pressente fuy et fis scripvir et puge y meu signal.