GMH/ÍNDICE A-Z

588
1352, abril, 29. Lugo
Intercambio de propiedades entre o Cabido de Lugo e Arias Pérez da Cruz. 
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 8v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 8.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, estando juntados en nosso cabidoo enno coro desta iglesia con outorgamento de Iohan Ferrnandes, noso coengo, vigario de don Diego Ferrnandes, dayam dese lugar, et con outorgamento de don Lopo Domingues, thesoreyro desta iglesia, et teente a amiistraçon do mes de mayo, da huna parte, et eu Aras Peres da Crus por min et en nome de minna muller, Maria Martines, et por toda nosa vos, da outra, fasemos entre nos escambea valedeyra para sempre, conven a saber que nos, o dito cabidoo, damos para sempre a vos, os ditos Aras Peres et Maria Martines, para vos et para vosa vos, todas las galinas et ovos et foros que nos por raçon da dita amiistraçon aviamos et nos perteesçia d’aver, cada anno, no voso casal et herdamento de Souto, que foy de Fernan Breago, ou d’outras voses quaesquer que o nos ou Domingo Martines da Crus ouverdes gaanado ou conprado, que he sub signo de San Lourenço d’Alveyros, segundo que o ata aqui trouxestes vos ou outros por vos. Et nos, os ditos Aras Peres et Maria Martines, por este escambeo que vos, o dito cabidoo, nos dades et quitades damos-vos en escanbea para sempre seys leyras d’erdade, das quaes iasen as tres nas cortinas do casal de San Thome das quaes ias a huna a as Usthoas cabo da leyra da coenga da huna parte, et fere de testa na leyra dos Moogos et ias cabo do terreo chamado do Marinnao et fere na outra testa en outro terreo do Marinnao, et fere de testa na outra leyra da coengo que ias sobrella riba; et a outra he a leyra que ias sub arriba cabo da outra de Lopo Affonso et fere de testa na riba, et da outra testa fere na leyra da vos de Carvalelos, et da outra parte cabo da leyra de Iohan Domingues, que se parte con ella de por meo; et a outra he a leyra que fere de testa na castineyra da Alvarina et ias enfaçe cabo da leyra de Carvalelos et da outra parte a leyra de Lopo Affonso et de testa fere en outra leyra que foy de Iohan Domingues. Et as outras duas leyras iasen nas cortinas de Valladares huna delas ias cabo do camo da casa dos frades et ias cabo o terreo do souto que foy de Iohan Domingues, que o çerca todo arredor; et a outra fere de testa na casa de Lopo Affonso et ias en braço cabo da leyra chamada da vos de Pumarino, et da outra parte cabo da leyra de vos de Carvalelos, et fere da outra testa na leyra da vos do Novesario. Et a outra leyra ias na agra do Carraldaio cabo da leyra de Lopo Affonso et da outra parte cabo da leyra que foy de Iohan Domingues, et fere de testa na carreyra de Valladares et da outra testa na leyra da coenga que son sub o dito signo.

Et estes escambeos sobreditos nos damos huuns a outros para senpre por iur d’erdade et obligamos nosos bees et de nosos suçesores, gaanados et por gaanar, para nos los faser de pas huuns para senpre. Et logo por esta presente carta nos damos huuns a outros o iur et a posison et propiedade das cousas sobreditas, que nos damos huuns a outros, et prometemos a a boa fe de non viir contra esto en ningun tenpo por nos nen por outros en iuyso nen fora del. Et por que esto seia çerto et non vena en dulta nos anbas las partes rogamos a Affonso Ferrnandes, notario publico de Lugo, que fesese ende esta carta et posese en ella seu nome et seu signal en testemoyo de verdade, et que posese outra tal enno livro de nos, o cabidoo, et por mayor firmidoe nos, o dito cabidoo, mandamos-la seellar de noso seello pendente.

Que foy feyta en Lugo viinte et nove dias d’abril, era de mill et treçentos et noveenta annos.

Testemoyas: don Vaasco Dias, juys de Lugo; et Johan Dias et Tomas Gonçalves et Iohan Dias, sobrino do dayam, coengos de Lugo; et Iohan Ferrnandes, coengo sobredito, et Diego Gomes, raçoeyro de Lugo; et Afonso Ferrnandes, clerigo do dito coro; et Iacome Guillelmes, notario de Lugo; et Domingo Martines da Crus, mercador, ts.

Et eu Affonso Fernandes, notario publico ena çiudade de Lugo dado por la autoridade do bispo desse lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas pressente fuy, et por mandado do dito cabidoo et a rogo do dito Iohan Fernandes, vigario do dito dayam, et do dito thesoreyro, amiistrador sobredito, et do sobredito Aras Peres, esta carta en mina pressença fis escrivir et puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.