GMH/ÍNDICE A-Z

83
1311, decembro, 3
sentenza

Sentenza do cóengo Lourenzo Iáñez na contenda entre Estevo Pérez e Pedro Pérez, en nome de Tareixa Ares, sobre unha viña en Castroverde.



ACOu, Escrituras XII, 7

Sabean quantos esta carta viren que en presença de min Domingo Yanes Cougill notario jurado da çidade d’Ourense pollo bispo e polla igleia da dita çidade parezesen en juyzo ante Lourenço Yanes coengo e Johan Ares e Johan Yanes (...) Pero Peres morador en Çima de Vila en nome de Tereija Ares moradeira ena (...) que era da una parte e Estevoon Peres mercador d’Ourense por sy da outra (...) mandase ao dito Estevoon Peres en nome e en vos da dita Tereija Ares que (...) Peres et Maria Estevees sua moler devesen aa dita Tereija Ares e a seu marido Pero Nunes que foy mill mrs. (de diñeiros) portugueses de oyto en soldo o mr. con os gaanos de sete anos a aco segundo que se contina en uun estrumento feyto por Estevoon Peres notario que foy d’Ourense e signado de seu signo segundo en el aparesia. Et commo le ya estes diñeiros con o gaano delles fosen demandados e les o dito Estevoon Peres non pagase, et le metese por elles en por (...) una sua vina e da dita Maria Estevees sua moler, a qual está en Castroverde entre a leira que foy de Ruy Gomes cavaleiro da una parte e a de meestre Iohan de Sorveyra da outra et topa ena deste meestre Iohan e fer ena que foy de Domingo Fernandes. Pedialle que lle dese e lle pagase en nome da dita Tereija Ares os ditos mill mrs. con os gaanos delles dos ditos sete anos e pidia aos ditos juyzes que assy o mandasen por sentença ou que mandasen por sentença ao dito Estevoon Peres que vendese a dita vina e que lle pagase os ditos mrs. ou eles que a fosen vender e pagarle os ditos mrs. Et os ditos juyzes preguntaron ao dito Estevoon Peres que era o que queria diser contra esta demanda que lle o dito Pero Peres façia en (nome da dita) Tereija Ares. Et Estevoon Peres diso que a verdade era que el e a dita sua moler Maria Estevees que foy eran devedores e teudos aa dita Tereija Ares e a Pero Nunes seu marido que foy dos mill mrs. sobre ditos e dos gaanos de sete anos a aca delles, disendo mays que os pagaria mays non tiina gaasado de os pagar, mays que fosen vender a dita vina en guisa commo Tereija Ares ouvese o seu, ca el a mandava vender e o outorgava, et que fesesen en guisa commo a dita Tereija Ares ovese o seu. Et os ditos juyzes vista a demanda que o dito Pero Peres fasia ao dito Estevoon Peres en nome e en vos da dita Tereija Ares e visto o estrumento da dita deveda e o estrumento da entrega que o dito Estevoon Peres fes aa dita Tereija Ares da dita vina e vistas todallas raçoens que estes sobre ditos Pero Peres en nome da dita Tereija Ares e Estevoon Peres sobre esto quiseron diser e rasoar, avido conselo con omes boons, seendo en lugar de julgar por sentença mandaron que a dita vina que se venda e que pagen aa dita Tereija Ares seus mrs. de que lles Estevoon Peres e sua moler Maria Estevees soon devedores segundo sobre dito he. Et o dito Estevoon Peres disso e mandou que assy se conplise, poys elles en dereito achavan que assy se devia a conplir. Dada foy esta sentença tres dias de dezenbro, era de mill ccc xl e nove anos. Tests. que presentes foron Johan Peres dito d’Allaris, Roy Peres mercador, Martin Yanes, Maçia Martines, Ares Peres avogado, Fernan Yanes visinos d’Ourense.

Et eu Domingo Yanes Cougill notario sobre dito que a esta sentença foy presente escrivi e aqui poño meu nome e meu signal que tal he.

(sinal)